Commons:A Taberna

From Wikimedia Commons, the free media repository

Jump to: navigation, search

Páxinas de conversa de Wikimedia Commons noutras linguas: Alemannisch | العربية | Asturianu | Български | Català | Česky | Dansk | Deutsch | Ελληνικά | English | Español | Suomi | Français | Galego | עברית | Hrvatski | Magyar | Íslenska | Italiano | 日本語 | 한국어 | Lëtzebuergesch | Македонски | मराठी | Nederlands | ‪Norsk (bokmål)‬ | Polski | Português | Русский | Slovenčina | Slovenščina | Српски / Srpski | Svenska | ไทย | Türkçe | ‪中文(简体)‬ | ‪中文(繁體)‬ | +/-.
Os enlaces interwiki da esquerda levan ao lugar de discusión das wikipedias nas diferentes linguas.

A imaxe do día
Dew on a spider's web in the morning.  +/- (gl), +/- (en)

Esta é A Taberna de Wikimedia Commons —a páxina de conversa de commons en galego— para falar das operacións, cuestións técnicas e políticas de Wikimedia Commons. Tamén outros temas de debate mentres non se cree unha páxina específica para iso.

Benvidos/as á Taberna! Engada na parte inferior da lista a súa mensaxe sobre calquera asunto relacionado con Commons e o seu funcionamento, alguén intentará respostar á súa pregunta. Esta páxina ten o mesmo propósito cas outras tabernas do proxecto galego da wikipedia:

A Taberna da Galipedia - A Taberna do Galizionario - A Taberna de Commons

A Taberna de Galifontes - A Taberna de Galilibros - A Taberna de Galicitas

Vandalismo/Protección de imaxes - por favor utilice a canle de IRC #commons.wikimedia en freenode.net e deixe alí un aviso.

NOTA - Lembre asinar as súas mensaxes (con catro ~~~~, ou premendo na icona da sinatura).


Contents

[edit] Benvidos/as á taberna

Benvidos/as a páxina de discusión de Wikimedia Commons en galego. Algúns recursos para os galegofalantes están en Portada galega. En Commons:Babel está a relación de marcadores de lingua incluíndo os referidos ao galego. Podedes comezar navegando polas imaxes sobre Galicia/Galiza na páxina Galicia e na categoría Galicia. Ademáis en Commons:Language policy está a política de commons sobre as linguas (en inglés). Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 19:13, 24 September 2005 (UTC)

  • Agardemos que en pouco tempo sexamos moitos os que esteamos por aquí.--Rocastelo(talk) 19:33, 24 September 2005 (UTC)
  • Pois sí, como din os compañeiros enriba. Espero que iste proxecto medre do mesmo xeito que o esta a facer outros proxectos adxuntos, Pouco a pouco, pero con bo pé. --Xelo2004 20:45, 24 September 2005 (UTC)

[edit] Mapas dos Concellos

Non sei se estaredes ó tanto (Prevert si, que foi quen me avisou) de que User:Caiser empregou os meus mapas para facer outros que agora están en Category:Municipalities of La Coruña locator maps. Ata ahí non hai problena, pois publiqueinos baixo licenza GFDL. O problema ven con que non fai mención ós autores dos arquivos nos que se basou, cando o punto 4 apartada D de dita licenza di claramente You must preserve all the copyright notices of the Document. Prevert deixulle algunhas mensaxes pero semella que non fixo caso. Deixeille unha nova mensaxe a ver se recibo reposta. Que credes que se debería facer? --Alyssalover 20:35, 26 September 2005 (UTC)

  • Alucino. Comenta a solución do caso, se a ten. É boa información para outros. Eu non dou axudado--Lmbuga 23:36, 28 September 2005 (UTC)

[edit] Denominación das páxinas dentro da categoría Galicia

  • Dentro da categoría Galicia creei unha páxina denominada Sculptures of Galicia (¿Debín denominala en galego?)--Lmbuga 19:13, 1 October 2005 (UTC)
  • Segundo Commons:Language policy, nese caso o título é libre, eu recomendaríache que a moveses ao título en galego e que quede a forma inglesa como redirección, semella o máis lóxico.--Rocastelo(talk) 20:10, 1 October 2005 (UTC)

[edit] Fotos de Pontevea

Creei unha páxina A Estrada que encherei con máis fotos. Coloquei fotos de Pontevea. Pero agora estou dubidando de que Pontevea pertenza a ese concello. ¿Pertencerá ó de Teo? ¿Alguén o sabe?--Lmbuga 23:23, 3 October 2005 (UTC)

  • Pertence á parroquia de Santa María de Couso, na Estrada. Un saúdo --Alyssalover 06:23, 4 October 2005 (UTC)
  • Grazas--Lmbuga 18:26, 24 October 2005 (UTC)

[edit] Fotos de obras pictóricas

Recibín unha mensaxe de que non manifestaba o copywrite da foto Image:Cadro M.Moratal GFDL.jpg (véxase aquí) e dita foto está sinalada para ser borrada (This image has an unknown copyright status). Ó acceder á foto, observei que tiña permiso GFDL, polo que intúo que no caso dalgunhas obras artísticas, hai que ter permiso do autor. No caso desta foto, a dona do cadro é a miña irmá (Inconcibible que teña problemas). Xa lle comuniquei a User:Thuresson, pois me mandou unha mensaxe para saber da foto, díxenlle que o cadro é da miña irmá. Como non me expreso con facilidade en inglés non lle dou preguntado a el se, no caso de que teña permiso do dono dunha obra de arte para subir unha foto da mesma, é lícito subila?--Lmbuga 18:38, 24 October 2005 (UTC)

[edit] Nazis na portada

Acabo de eliminar a toda velocidade sen darme nin sequera de alta e sen chegar a poñer que limpaba vandalismo en ningún sitio (supoño que é o que fixen), unha bandeira nazi e unha observación que puña commons para nós os nazis galegos da parte superior da portada galega de Commons.--Lmbuga 00:43, 13 December 2005 (UTC)

[edit] Contade comigo

Dende face unha semana teño as funcionalidades reservadas para os administradores en Commons. A pesar de que non son galegofalante, senón catalanofalante, quero que todos saibades con quen cernedes contar se encontrades algún problema no que sexa necesario utilizar algunha desas funciones. Saúdos!. (Nota: Texto traducido co Proxecto Rianxo). --Joanot Martorell 10:19, 18 January 2006 (UTC)

[edit] Administrador

  • Desde o 18 de abril de 2006 hai un administrador galego en Commons, estou seguro que será de moita axuda para facilitar as diversas tarefas relacionadas coa publicación de ficheiros e a categorización das imaxes. Parabéns pola súa elección para Lmbuga e para toda a comunidade galegofalante. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 15:51, 18 April 2006 (UTC)

[edit] Commons:Propostas de borrado

[edit] Problemas coa toponimia

Na páxina Salceda de Caselas (Comarca de Vigo), hai referencia a un outro concello desta comarca denominado Gondomar. Posto que xa existe a páxina Gondomar (concello de Portugal), optei por facer esa ligazón (a páxina correspondente aínda non foi creada) poñendo ó final entre parénteses o nome da comarca: Gondomar (Vigo)

Se se vos ocorre outra alternativa mellor,... --Lmbuga gl, pt, es: fala comigo 21:54, 10 May 2006 (UTC)

  • Paréceme mellor solución a que dis en segundo lugar, o que non teño claro é se é mellor entre paréntese ou separado por unha coma (,). Haberá que comprobar cal é o xeito que se usa con máis frecuencia en Commons. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 13:59, 14 May 2006 (UTC)

[edit] Portal da comunidade

[edit] Páxinas no espazo de nomes Commons en galego

[edit] Homónimos

  • A categoría Bande contén imaxes dunha localidade belga. --Prevert(talk) 16:01, 18 May 2006 (UTC)

[edit] Concellos

[edit] Templates para as votacións

Creei os modelos {{concordo}}, {{discordo}} e |{{neutro}} para manifestar nas votacións de administradores o apoio, a oposición ou a neutralidade. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 13:34, 3 June 2006 (UTC)

[edit] CommonsTicker

Xa está funcionando a versión en galego de CommonsTicker —un sistema de seguimento das imaxes de Commons inseridas nos wikis locais—. Pódese atopar en: gl:Wikipedia:CommonsTicker. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 12:45, 7 June 2006 (UTC)

[edit] Template:PD-self/gl

Xa está á vosa disposición a versión galega de PD-self--Lmbuga gl, pt, es: contacta comigo 13:20, 14 June 2006 (UTC)

Grazas pola tradución e grazas por avisar aquí. É unha sorte contar coa túa axuda. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 18:19, 21 July 2006 (UTC)

[edit] Propostas de borrado

Houbo cambios no procedimento de Propostas de borrado. A versión galega xa foi actualizada e podedes ver alí que pasos hai que seguir para propoñer eliminar un ficheiro. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 11:00, 12 September 2006 (UTC)

[edit] Índices en lingua galega

Comecei a elaborar a relación de Índices en lingua galega, un sistema de consulta de Commons que permite acceder ao contido desde ligazóns en galego. Os índices dispoñibles neste momento son: Índice de países e Índice de paxaros. As páxinas non están rematadas pero xa inclúen numerosos vínculos en galego. Están clasificadas na categoría Index in Galician language. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 15:16, 12 September 2006 (UTC)

[edit] Votación en Commons talk:Picture of the day/Poll

Actualmente, para ser a imaxe do día, unha imaxe non ten que cumprir con ningún requisito senón o de licenza. Agora sométese a votación a proposta de que a partir do 1 de xaneiro de 2007, tódalas imaxes do día teñan que ser Imaxes destacadas ou Imaxes de calidade. Usuarios anónimos poden votar, sempre que demostren contribucións anteriores ó proceso de A imaxe do día. --Lmbuga gl, pt, es: contacta comigo 16:00, 23 October 2006 (UTC)

[edit] Commons:Modelos de mensaxes

Traducín a paxina Commons:Email templates. para exemplificar as mensaxes das que se fala en Commons:OTRS --Lmbuga gl, pt, es: contacta comigo 23:56, 26 October 2006 (UTC)

Grazas por ir completando as traducións ó galego, é unha páxina moi útil. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 09:34, 27 October 2006 (UTC)
Máis traducións: Template:Blocked/gl. --Prevert(talk) 19:53, 22 November 2006 (UTC)
Outra: Template:Dont remove speedy/gl. --Prevert(talk) 20:07, 22 November 2006 (UTC)

[edit] Localización de foto

Alguén sabe o lugar de Ourense en qe está este castelo? Grazas --Lmbuga gl, pt, es: contacta comigo 18:53, 28 November 2006 (UTC)

Na secuencia de fotografías que hai en Flickr identifícase un letreiro que pon Alberguería. Na provincia de Ourense hai: A Alberguería na parroquía de Cerreda en Nogueira de Ramuín e A Alberguería na parroquia homónima de Laza. Non sei se todas as imaxes están tomadas na mesma zona, na ringleira dez, as fotografías 1, 2 e 3 contando pola esquerda semellan corresponder ao mosterio se Santo Estevo de Ribas de Sil, dito mosteiro está en Nogueira de Ramuín. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 20:29, 28 November 2006 (UTC)


  • É o Castelo de Monterrei. Saúdos. --Lansbricae 08:18, 27 August 2007 (UTC)

[edit] Preferencias

Porqué nas preferencias non aparece o galego como lingua da interface? Pásame a min só ou é que realmente non está? E se non está, hai algún xeito de facer que apareza? Un saúdo. --Beninho 12:46, 6 March 2007 (UTC)

Polo de agora non está dispoñible, estamos traballando nelo e confio en que pasadas algunhas semanas a interface galega estea na lista de opcións. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 13:53, 11 March 2007 (UTC)

[edit] Commons:WikiMiniAtlas/Translations

If anyone could spare a minute, I need some help with a translation for a new upcoming Commons-Extension. Thanks! --Dschwen 22:57, 29 March 2007 (UTC)

[edit] Río que pasa por Cambre?

Alguén sabe o nome do río que pasa polo centro de Cambre (--> Velaquí hai imaxes). É o río Mero? Grazas--Lmbuga gl, pt, es: contacta comigo 10:18, 18 April 2007 (UTC)

[edit] Commons:Geocoding

Precísase axuda para engadir a localización (latitude e lonxitude) das páxinas que hai dentro da categoría Galicia. En Commons:Geocoding pode verse o xeito de facelo. Tamén podería facerse coas imaxes concretas que se vaian subindo ou se subiron. Hai uns exemplos en Catedral de Santiago de Compostela e Image:Santiago Santa Susana 4.jpg. Grazas --Lmbuga gl, pt, es: contacta comigo 11:57, 11 June 2007 (UTC)

[edit] Interface en galego

Xa está dispoñible nas preferencias a opción de configurar a interface en galego. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 08:12, 14 June 2007 (UTC)

[edit] Categorías de especies ameazadas

Esta a disposición de todos os que queirades uns gráficos que xa veñen empregándose noutras wikipedias na que as difererentes especies de seres vivos pódense clasificar segundo o seu grao de ameaza de desaparición. As páxinas onde podedes atopalo son http://gl.wikipedia.org/wiki/Estado_de_conservaci%C3%B3n ou como plantilla (template) en Template:Pengo IUCN/gl. A idea agora é poñelas dentro das caixas taxonómicas da wikipedia (en http://gl.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:Modelo_de_Taxonom%C3%ADa) como podedes ver no seguinte exemplo sacado da wikipedia en italiano http://it.wikipedia.org/wiki/Recurvirostridae ) pero nisto estamos, supoño que pronto se poderán engadir sen problemas.

Un saúdo--Calrosfking 13:14, 15 June 2007 (UTC)

[edit] Problema nas páxinas de Ferrol

En Ferrol e en Category:Ferrol varios usuarios (entre eles Phil MacKracking (talk · contribs · page moves · block user · block log · upload log)) están incorporando imaxes que non se corresponden para nada coa cidade, provincia ou comunidade. Ás veces -frecuentemente- son imaxes doutros continentes.

Phil MacKracking (talk · contribs · page moves · block user · block log · upload log) ademais é agresivo. Rogo que me comuniquedes calquera actuación que vexades improcedente. Entre as imaxes que tende a incorporar (xa as borrei dúas veces da páxina) están

Image:El Corte Inglés Lisboa 2.jpg
Image:Eindhoven4.jpg
Image:The Cardigans.jpg
Image:Ferrolterra, Fragas do Eume - Pontedeume.JPG
Image:Mosteiro de Monfero (detalle).jpg
Image:Spanish aircraft carrier Principe de Asturias.jpg

Grazas --Lmbuga gl, pt, es: contacta comigo 20:24, 27 June 2007 (UTC)

Nesta lista incluín os usuarios relacionados coas edicións sobre Ferrol e a comarca por comprobar. Moitos deles semellan ser o mesmo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 11:01, 28 June 2007 (UTC)
Excelente traballo--Lmbuga gl, pt, es: contacta comigo 16:44, 30 June 2007 (UTC)


Bo día a todos. Semella que o problema coas páxinas e imaxes relacionadas con Ferrol está solucionado. Moitas grazas a Herby, Siebrand, Bryan, Lmbuga e a todos aqueles usuarios que contribuíron a solucionalo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 12:51, 4 July 2007 (UTC)

[edit] Novidades xullo 2007

Nova galería Aquarium Finisterrae con imaxes de Drow male, sección eleccións municipais na páxina de Vigo con fotografías de Dantadd, máis imaxes en Mondoñedo tamén de Dantadd. Novas fotos de Basilio en Betanzos. Ficheiros de Jpereira e Lmbuga do Entroido e do O Corpiño. Imaxes de Jpereira da Rapa das bestas. Fotos realizadas en Oroso, Ribeira e Porto do Son por Lmbuga. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 12:02, 14 July 2007 (UTC)

[edit] rotado imaxe

Hola! Teño un problemiña, e non atopei onde solucionalo. O caso é que subín unha fotografía en horizontal cando debería ser vertical. Cando me din conta, roteina no ordenador, e volvín a subir o arquivo. Pero mantivome as dimensións que tiña antes (3072 × 2304 no canto de 2304 x 3072), co cal sae toda "aplastada" (a imaxe é "Vías de escalada en Hío.jpg"). Non sei como podo subir o arquivo e que colla as dimensións boas :? Obrigado de antemán Miguel.lima 16:59, 15 August 2007 (UTC)

  • Desculpa a tardanza á hora de responder. Estiven parcialmente inactivo bastante tempo. Precisas un programa para rotar as imaxes (eu comprei ACDsee). Hai varios gratuítos, creo que Picasa debería valerche.
Polo que respecta á imaxe da que falas, deberías poñer a ligazón. Estiven mirando as imaxes que subiches e eu non vexo ningunha rotada, todas están ben. Supoño que xa o solucionarías. Tamén é posible que non vises correctamente a foto porque a imaxe incorrecta aínda estivese na memoria caché (se é que a subiches co mesmo nome).
Sinto non che ter respondido antes. Se volves ter algún problema, ponte en contacto comigo na miña páxina de discusión e responderei todo o pronto que poida. Un cordial saúdo --Lmbuga gl, pt, es: contacta comigo 14:38, 3 December 2007 (UTC)

[edit] Incorporar imaxes

Ola, son recén chegado. Acabo de subir unha imaxe en WikimediaCommons, agora quero colocala na páxina que estou creando. Querería que se mostrase nun recadro á dereita do texto. Como debo de facer?. Onde podo mirar as posibilidades? Grazas

Resposta

Non me quedou claro, pero entendo que desexas crear un artigo na Galipedia ou noutra Wikipedia. Para que a foto quede á dereita tes que escribir [[Image:Muller mariscadora.jpg|thumb|200px|Breve descrición da imaxe]].

  • O escribir "thumb" (podes quitalo) colocas un recadro sobre a foto e un pé de foto coa descrición que desexes.
  • Ó escribir "200px"pos o tamaño.

Se desexases crear unha galería de imaxes ó final do artigo, terías que poñer:


<gallery>

Image:Muller mariscadora.jpg|Breve descrición da imaxe

Image:Outra foto|Descrición da foto


</gallery>


Por outra banda, editei a túa imaxe e mediante o engadido da etiqueta [[Category:Cambre]] incluín a túa imaxe na categoría Category:Cambre. Deste xeito será máis doadamente localizable. Conta comigo para o que desexes. Un cordial saúdo. --Lmbuga gl, pt, es: contacta comigo 11:47, 20 March 2008 (UTC)

[edit] Election Notice - Please translate

The 2008 Board election committee announces the 2008 election process. Wikimedians will have the opportunity to elect one candidate from the Wikimedia community to serve as a representative on the Board of Trustees. The successful candidate will serve a one-year term, ending in July 2009.

Candidates may nominate themselves for election between May 8 and May 22, and the voting will occur between 1 June and 21 June. For more information on the voting and candidate requirements, see <http://meta.wikimedia.org/wiki/Board_elections/2008>.

The voting system to be used in this election has not yet been confirmed, however voting will be by secret ballot, and confidentiality will be strictly maintained.

Votes will again be cast and counted on a server owned by an independent, neutral third party, Software in the Public Interest (SPI). SPI will hold cryptographic keys and be responsible for tallying the votes and providing final vote counts to the Election Committee. SPI provided excellent help during the 2007 elections.

Further information can be found at <http://meta.wikimedia.org/wiki/Board_elections/2008/en>. Questions may be directed to the Election Committee at <http://meta.wikimedia.org/wiki/Talk:Board_elections/2008/en>. If you are interested in translating official election pages into your own language, please see <http://meta.wikimedia.org/wiki/Board_elections/2008/Translation>.

For the election committee,
Philippe Beaudette

Personal tools