Commons:Cambiando o nome de usuario

From Wikimedia Commons, the free media repository
Jump to: navigation, search
Cambiando o nome de usuario noutras linguas:

Alemannisch | English | español | français | galego | 日本語 | português | 中文(繁體)‎ | +/−

O teu nome de usuario non está escrito en pedra. Se así se pide, un burócrata pode cambiar os teus axustes de conta de usuario e historiais de artículos para que tódalas túas edicións anteriores se atribúan a un novo nome usando Special:Renameuser. Debes facer a solicitude dende a conta que queras renombrar; ignóranse as peticións anónimas por razóns de seguridade.

Só podes ser renombrado a un nome que non exista anteriormente.

Solicitando un cambio[edit]

  1. Para cambiar un nome de usuario só en Commons, por favor fai a túa petición nesta páxina.
  2. Para cambiar un nome de usuario nalgún outro proxecto, pregunta a alguén alí ou lee es:Cambiando el nombre de usario.
  3. Non se poden reatribuir as edicións dun usuario anónimo a unha conta de usuario. Véxase Changing attribution for an edit.

Alternativas[edit]

  • En vez de cambiar o teu nome, podes modificar as túas preferencias para cambiar a túa firma. Esto modificará a túa "apariencia ante o público" en páxinas de discusión sen cambiar realmente o teu nome de conta como aparece en historiais.
  • Podes, simplemente, crear unha nova conta co nome desexado, e redireccionar as túas antigas páxinas User: e User_talk: á túa nova conta. Pon unha nota na parte de arriba da túa nova conta de usuario para explicar o cambio. Isto non fusiona o teu historial de contribucións, pero calquer persona que investigue as túas antigas edicións será redirixida á nova páxina. Se tes a paciencia, podes usar "O que enlaza aquí" dende a túa antiga páxina de usuario para editar manualmente tódalas túas firmas antigas en páxinas de discusión para reflexar tamén a nova firma, usando un vínculo con barra seguindo o modelo [[User:AntigoNomeUsuario|NovaFirma]]. Usa un resumen informativo, para que a xente non pense que estás xogando coa entrada de alguén nunha páxina de discusión.

Instrucións[edit]

Por favor segue o seguinte procedimiento coidadosamente ou a túa petición será rexeitada.

  1. Comproba que o novo nome que queres non existe (Special:Listusers). Non crees unha conta baixo o novo nome (se o fas, aínda se pode realizar a túa petición, pero deberás probar que posúes ambas as dúas contas).
  2. Asina coa conta que queiras renomear.
  3. Engade a túa petición na sección de solicitudes.

Unha vez que se realice a túa solicitude, todas as túas edicións e outros datos de usuario (incluíndo preferencias, lista de seguimiento, e contrasinal) da túa antiga conta reatribuiránse á túa nova conta. A antiga deixará de existir, polo que deberías rexistrar o antigo nome para evitar que outra persoa cha robe e se faga pasar por ti. Seguramente tamén desexarás renomear a túa páxina de usuario e calquera subpáxina, en caso de non o ter feito aínda.

Se a túa petición non se realiza no prazo de dous (2) días, por favor consulta calquera burócrata para que mire esta páxina. Como é unha páxina de pouco tráfico, puido terse pasado por alto.

Solicitudes[edit]

Current rename requests[edit]

Flagon87 → 007556121[edit]

Status:    Not done

--Flagon87 (talk) 17:46, 21 July 2014 (UTC)

@Flagon87: Please go to Meta to rename your account on all wikis in one go (should save you a lot of time and effort). Thank you! odder (talk) 11:49, 22 July 2014 (UTC)

Archivos[edit]

Solicitudes que non se poden realizar polo momento[edit]

Estas solicitudes non se poden realizar polo momento; pero quizá poidan no futuro. Ver tamén es:Cambiando el nombre de usario para outras peticións complicadas.

Solicitudes para ocupar una cuenta existente sin ediciones[edit]

Ocasionalmente, alguén pide ser renombrado a unha conta que xa existe (foi rexistrada) pero non fixo ningunha edición. Tales peticións consideraránse unha por unha, sen que a realización ou rechazo de unha implique a mesma acción en outra.

Cambio de nome de usuario[edit]

Reitero a solicitude de cambio de nome de usuario feita o pasado 3 de setembro. O cambio ha consistir en muda-lo meu nome actual "P.Lameiro" a "Lameiro" (sen o P). Grazas. Pedro --P.Lameiro (talk) 18:15, 17 November 2008 (UTC)