Commons:FAQ gl

From Wikimedia Commons, the free media repository
Jump to: navigation, search
Preguntas frecuentes sobre a Wikimedia Commons noutras linguas:

Alemannisch | català | dansk | Deutsch | English | Esperanto | español | français | galego | עברית | magyar | interlingua | italiano | 日本語 | ភាសាខ្មែរ | 한국어 | Lëtzebuergesch | Nederlands | norsk nynorsk | norsk bokmål | polski | português | română | русский | slovenščina | suomi | svenska | 中文(简体)‎ | 中文(繁體)‎ | +/−

Esta páxina recolle as preguntas frecuentes da Wikimedia Commons xunto cunha breve explicación e mais a ligazón aos artigos que desenvolven cada tema.

Preguntas sobre o proxecto[edit]

Que é este sitio/wiki?
A "Wikimedia Commons" (na versión curta "Commons") é un repositorio de material multimedia mantido por voluntarios non-profesionais. O nome "Wikimedia Commons" procede da combinación de Wikimedia a Fundación que xestiona todos os proxectos Wikimedia e da palabra "common" porque este é un proxecto común a todos os diferentes tipos de proxectos Wikimedia. É un repositorio central de contido libre fotografías, diagramas, animacións, música, versións sonoras de textos, vídeo clips, e todo tipo de materiais multimedia útiles para calquera proxecto Wikimedia.
Cal é o obxectivo deste proxecto?
Vexa Commons:Project scope.
Pode cargar material neste wiki?
Abofé que pode! De feito, iso é o que queremos que faga. Comece cos Primeiros pasos para participar no proxecto.
Que ficheiros podo cargar?
Calquera ficheiro multimedia cunha licenza libre que sexa útil para calquera dos proxectos Wikimedia pode cargarse en Commons. Vexa tamén as preguntas sobre o copyright para as cuestións relativas ás licenzas.
Podo publicar texto se son o autor?
O fundamento de Commons son os ficheiros multimedia (imaxes, vídeo, son), non o texto. Se está disposto a licenciar os seus textos baixo a licenza GFDL, pode facelo, dependendo da forma e do contido, nalgún dos seguintes proxectos Wikimedia: Galipedia, Galizionario, Galifontes, Galilibros ou Galicitas.

Preguntas sobre o copyright[edit]

Que licenzas debo usar para os ficheiros que cargue?
Debe estar seguro de cada ficheiro que carga en Commons está no dominio público ou baixo unha licenza libre (tamén chamada copyleft) como a Licenza de Documentación Libre GNU ou CC-BY/BY-SA (para ampliar información vexa Commons:Licensing e Commons:Marcadores de dereitos de copia). Por favor non invente licenzas por arte de maxia. Moito do material que atope na Internet ten copyright. Non deduza o contrario a menos que teña unha boa razón para facelo. Cando publica as súas propias obras, pode poñelas no dominio público ({{PD-self}}), ou baixo unha licenza específica: {{self|nome da licenza}}, {{self2|licenza 1|licenza 2}} etc. Tamén escoller unha opción do menú despregable do selector de licenza en Special:Upload baixo "own work/obra propia".
Podo cargar imaxes dixitalizadas e imaxes doutros modificadas por min?
Só aquel que produce o traballo orixinal, ou aqueles que posúan os dereitos da obra, poden licenciar dita obra. A dixitalización ou unha modificación non converte automaticamente o documento nunha obra propia. Iso significa que non pode coller un ficheiro da Internet e despois poñerlle unha licenza GFDL ou CC.
Por que Commons non inclúe material de fair use/uso lexítimo?
Un dos principios fundadores de Wikimedia Commons é "só contido libre". Este principio, o mesmo que o Punto de vista neutral na Galipedia, non vai mudar nunca. Ademais as leis referidas ao copyright varían de país en país. Así, as leis sobre o fair use/uso lexítimo cambian dun país a outro, con cada país cunha interpretación e xurisdicións distintas nas que non existe o concepto de fair use/uso lexítimo. Como resultado diso, o contido de uso lexítimi raramente pode usarse fóra dos Estados Unidos de América. Todo o contido de Commons debe estar dispoñible para calquera país, polo tanto Commons ten restricións legais para incluír este contido.
Podo usar ficheiros de Commons fóra dos proxectos Wikimedia?
Abofé que pode. En todo caso, debe comprobar a páxina de descrición da imaxe (pode vela premendo na propia imaxe) para ver baixo que condicións de licenza pode usala. Na maioría dos casos é suficiente con copiar da páxina de descrición da imaxe a información sobre o autor e a licenza, e publicala conxuntamente coa imaxe ou ficheiro multimedia. Vexa Commons:Licenzas para ver todos os detalles.
Que información debo incluír no resumo ou na páxina de descrición da imaxe?
Vexa o titorial en Primeiros pasos. Recoméndase usar o Modelo:Information para engadir a información na páxina de descrición da imaxe.

Preguntas técnicas[edit]

Que resolución deben ter as imaxes que carregue en Commons?
Canta maior resolución sexa posible. Non se preocupe polo espazo de disco nin polo tempo de carga das páxinas da Wikipedia que enlacen co ficheiro, o software xera e garda unha versión en miniatura (tal como se especifica en cada artigo).
Como podo usar o material de Commons nas Wikipedias?
Só enlace o nome da imaxe coma se fose unha imaxe local. Aviso: Pode haber un pequeno retardo na carga da imaxe na Wikipedia desde a que se enlace. Isto é debido ao retardo nas versións das imaxes gardadas en memoria e pode resolverse recargando a páxina unha vez que se visualiza completamente. Vexa tamén media help page in Meta-wiki, Wikipedia image markup page e Wikipedia picture tutorial.
Como podo cargar unha imaxe que estea na Wikipedia en Commons?
Se a imaxe está baixo unha licenza libre descargue ao seu ordenador a versión de maior resolución que haxa na wikipedia e deseguido cárguea en Wikimedia Commons. Unha vez feito iso copie a páxina de descrición da imaxe e verifique se contén o nome do autor e/ou o enderezo URL da orixe, a data e unha breve descrición. Engada o enderezo URL da páxina orixinal da Wikipedia, e o nome do usuario que cargou a imaxe por primeira vez. Comprobe que os marcadores de licenza e outros modelos son correctos en Commons.
Como podo renomear/mover unha imaxe ou outro ficheiro multimedia?
Use {{rename|new name.jpeg|nome incorrecto}}.
As páxinas de Galerías poden moverse por usuarios rexistrados usando a pestana "move" que se amosa por regra xeral na parte superior da páxina (iso depende da opción de presentación que use). Esta función non está dispoñible para usuarios novos; se o necesita, solicite a alguén que o faga por vostede.
Como podo incluír unha imaxe ou categoría dentro dunha páxina?
Para engadir unha páxina ou unha imaxe a unha categoría Foo, engada o seguinte enlace na páxina (ou na páxina de descrición da imaxe): [[Category:Foo]]. Este é un enlace "especial", que fai a) aparecer unha caixa coa categoría na parte inferior da páxina e b) dá como resultado que a imaxe se amose na categoría.
Como podo clasificar mellor as miñas propias imaxes?
A clasificación en categorías ten que responder a certas preguntas, principalmente: Qué é? Onde está? Para atopar as categorías adecuadas (ou as páxinas de galerías), vexa a Portada, a páxina de busca e a ferramenta coa árbore de categorías. Vexa que categorías aparecen e vaia a aquela que se axuste máis á súa imaxe. Logo revise as subcategorías e as páxinas nesa categoría, e unha vez máis localice aquela que sexa a que se axusta mellor ao tema da súa foto. Repítao ata que non atope unha categoría específica mellor. Se non está seguro clasifique na categoría xeral. Axúdese da ferramenta CommonSense que suxire categorías baseandose nas palabras clave que vostede lle suministre.
Como podo facer unha galería para as miñas imaxes?
Pode crear unha galería de usuario como subaáxina da páxina de usuario (por exemplo se vostede é o usuario Foo, cree a súa páxina de galería en User:Foo/gallery), ou como unha categoría (chamada cun nome algo así como Category:Pictures by Foo). Todas as galerías de usuario deben estar en Category:User galleries - vexaa para algúns exemplos. Para atopar todas as imaxes que cargou en Commons, pode utilizar o rexistro de carga ou ver unha Galería xerada automaticamente cunha das ferramentas de xestión de Commons (basta con que poña como wiki commons.wikimedia.org e introduza o seu nome de usuario).
Porque vexo na miña pantalla a versión antiga e non a nova dunha imaxe que acabo de cargar?
Intente borrando a memoria caché do navegador co botón actualizar. Asegúrese de premer "Control" cando o faga. Ás veces hai un retardo cando se xera unha nova miniatura a partir dunha versión nova da imaxe.
Como podo buscar imaxes?
Busque con Special:Search e siga os resultados e enlaces que aparecen. Tamén pode ir aos artigos relacionados nas diferentes Wikipedias e ver que imaxes están usando. Algunhas xa deben de estar en Commons e ademais clasificadas en categorías, dese xeito pódese acceder a outras imaxes.
Hai software adaptado para optimizar a interacción co proxecto?
Vexa Commons:Tools, Commons:Tool integration e Commons:Features.
Teño unha chea de ficheiros. Podo facer unha carga masiva en troques de facelo un a un?
Si. Commonist é unha ferramenta cun interfaz gráfico baseada en Java/BeanShell. Hai informes de que funciona ben en Linux e MacOS, e debe funcionar en Windows tamén (aínda que hai persoas que informan dalgúns problemas baixo Windows).
Servizo de carga de ficheiros inclúe unha lista de persoas ás que pode mandar un ficheiro ZIP coas súas imaxes.
Para aqueles que se manexen ben coa liña de comandos de Unix, Eloquence escribiu un script para cargar ficheiros en Perl, apropiado para moitos sistemas Unix, Unix-like, Linux ou Mac OS X. Tamén pode usalo para converterse nun voluntario do a servizo de carga de ficheiros.
Un ficheiro ou unha imaxe necesitan renomerase ou moverse. Pode facerse?
Artigos: si. Aquelas contas de usuario cunha antigüidade superior a catro días poden volver a nomear os artigos coa pestana 'move' na parte superior da páxina. Para títulos en diferentes linguas, as redireccións deben crearse despois de mover a páxina.
Ficheiros (imaxes): non (Bugzilla:709). Por desgraza os ficheiros deben cargarse novamente co nome correcto e logo solicitar a eliminación rápida para aqueles ficheiros co nome incorrecto.
Categorías: non. Se a categoría co nome incorrecto é posible (e non un simple erro de escritura), pode converterse nunha redirección do software marcándoa con {{category redirect}}. As imaxes na categoría deben moverse manualmente á nova categoría. Teña en conta que por limitacións técnicas as categorías deben nomearse en inglés.

Preguntas acerca da comunidade de Commons[edit]

Que e un administrador e como se converte un usuario nun deles?
Vexa Commons:Administrators.
Onde podo preguntar as miñas dúbidas?
Se quere preguntar sobre algún tema do que pense que houbo preguntas noutras ocasións, use Commons:Help desk. Se quere preguntar unha cuestión que posiblemente sexa nova, ou procurara a atención da comunidade, use o Commons:Village pump (en inglés. En galego dispón da Taberna).
Como colabora Commons con proxectos semellantes?
Commons está moi interesado en colaborar con proxectos con principios semellantes. Vexa, por exemplo, Commons:10,000 paintings from Directmedia e Commons:Collaboration with ourmedia. FlickrLickr é un éxito.
Que pode facer se unha páxina ou fichero ten que borrarse?
Vexa Commons:Propostas de borrado e Commons:Deletion guidelines.
Que lingua se usa en Commons?
En teoría calquera lingua que queira usar. Vexa Commons:Language policy. Na práctica por razóns técnicas as categorías teñen que estar en inglés.
Porque non se poden cargar por omisión todas as imaxes de todos os proxectos Wikimedia en Commons?
O máis importante: Algunhas Wikipedias teñen unha política de licenzas de imaxe menos estricta ca Commons, así algunha simaxes que non son aceptables en Commons poden selo alí. Commons non permite (e non pode permitir) contido fair use/uso lexítimo, como fan algunhas Wikipedias.
Quen non fale inglés teno difícil en Commons. Commons trata de sumnistrar información en moitas linguas, pero as páxinas en linguas distintas ao inglés tenden a estar incompletas ou sen actualizar. Tamén outras cousas, como os nomes das categorías, non poden (agora) utilizar a lingua local.
Os usuarios deben crear unha conta propia en Commons. A función de "rexistro universal" axuda neste punto.
Porque ás veces non podo ver a versión de "alta resolución" dunha imaxe?
Unha posibilidade é que imaxe fora bloquedada polo seu programa anti-virus/anti-adware/navegador. Por exemplo, o enderezo URL completo de Image:Map mn khuvsgul aimag.png é http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/a/ad/Map_mn_khuvsgul_aimag.png . Algúns programas bloquean este enderezo URL porque contén na ruta o cartafol "ad". Se ese non é o problema, envie unha mensaxe describindo o problema a Commons:Help desk.
Como podo crear unha galería?
Vexa meta:Help:Images and other uploaded files#Gallery tag, category, table of images para obter información sobre como crear galerías dun xeito sinxelo usando a marca <gallery>.
Cando debo usar unha galería ou cando unha categoría?
Os ficheiros deben engadirse sempre en categorías descritivas, posto que se só se engaden en galerías, as imaxes poden ser retiradas da galería dun xeito moi fácil e así "perderse". As categorías son útiles como sistema de clasificación en grandes "contedores" de imaxes sobre un tema. Galerías (nas páxinas de artigos) son útiles para amosar as mellores imaxes, máis ilustrativas, informativas e interesantes dunha categoría. Tamén son útiles para ordenar o material dunha forma lóxica, algo que as categorías poden facer dun xeito limitado. Por exemplo, compare Tennis con Category:Tennis. A información nas páxinas de galerías pode presentarse de forma xerarquizada, como en Pronunciation of Dutch municipality names e United States.
Como están organizadas as categorías?
Trate de repetir a estrutura existente cando deesenvolva as categorías. Asegúrese de cada nova categoría colga dunha categoría superior. Vexa se a zona e que traballa ten un esquema de categorías, ou hai algún modelo que poida seguir. En especial para especies e países, a estrutura debe seguir as convencións das estruturas pre-existentes. Para ampliar información sobre as categorías en Commons, vexa Commons:Categories.