Commons:Modelos de mensaxes
From Wikimedia Commons, the free media repository
Català | Dansk | Deutsch | Ελληνικά | English | Español | Suomi | Français | Galego | Magyar | Italiano | 日本語 | 한국어 | Македонски | Nederlands | Norsk (bokmål) | Norsk (nynorsk) | Occitan | Polski | Português | Slovenčina | Tiếng Việt | +/−
Esta páxina contén modelos de mensaxes para diversas situacións. Naturalmente, podes modificar devanditos modelos ou elixir o idioma que prefiras. Por favor documenta os permisos que recibas en resposta ás túas peticións na páxina apropiada e por favor remite unha copia do permiso a permissions-commons@wikimedia.org, que serve como arquivo central de permisos da Fundación Wikimedia.
[edit] Só o propietario dos dereitos pode dar consentimento
Se lle envías unha mensaxe de correo electrónico a unha organización, asegúrate de te pores en contacto co propietario concreto do copyright dunha obra. Son os únicos que poden publicar legalmente unha obra baixo unha licenza concreta.
[edit] Modelo de resposta para autorizacións de uso de imaxes
Debido a que é moi frecuente atopar respostas ambiguas ás solicitudes relacionadas co permiso de reutilizar imaxes, textos ou similares doutras fontes (tales como "Permito que Wikipedia reutilice as miñas fotos"), recoméndase engadir ó email no que vostede fai a solicitude de autorización unha declaración de consentimento estandarizada, de xeito que o dono dos dereitos da/s imaxe/s poida reenviala se a súa resposta é afirmativa.
O texto da presente declaración debe ser cumprimentado engadindo información adicional sempre que sexa necesario.
Para permissions-commons
wikimedia.org
Mediante o presente documento expreso que son o creador e o dono único dos dereitos de autoría da obra [ ligazón á obra ].
Estou de acordo e consinto en publicar esta obra baixo a licenza libre LICENZA [elixa polo menos unha das presentes en http://commons.wikimedia.org/wiki/Commons:Choosing_a_license#Common_free_licenses ].
Son coñecedor de que mediante a presente concedo a calquera persoa o dereito a empregar a obra nun produto comercial, e modificala segundo as súas necesidades.
Son consciente de que sempre reterei os dereitos de autor da miña obra e que conservo o dereito de ser atribuído como tal de acordo coa licenza elixida. As modificacións que outros fagan á imaxe non serán atribuídas a min.
Son consciente de que a licenza libre refírese soamente ó copyright, e reservo a opción para tomar accións legais contra calquera persoa que empregue este traballo violando calquera outra lei, como restricións de marca rexistrada, difamación, ou restricións xeográfico-específicas.
Recoñezo que non podo retractarme deste acordo, e que a imaxe tanto pode ser acollida temporal como permanentemente nun proxecto de Wikimedia.
LUGAR, DATA E NOME DO POSUIDOR DOS DEREITOS DA OBRA
[edit] Máis exemplos
Pode atopar máis exemplos en Example requests for permission.