Commons:OTRS/gl
From Wikimedia Commons, the free media repository
|
OTRS in other languages: |
OTRS significa "Sistema de Petición de Incidencias de Código Aberto" (Open-source Ticket Request System). Nos proxectos de Wikimedia, refírese en xeral ao sistema de incidencias co que uns voluntarios responden ao correo electrónico enviado a Wikimiedia, incluíndo información xeral (en varias linguas), solicitudes de prensa e mensaxes de permiso. En Commons, "OTRS" xeralmente refírese só a este último tipo. Polo tanto, "por algo no OTRS" significa enviar un correo electrónico a permissions-commons@wikimedia.org e que o tramite un voluntario do OTRS.
[edit] Se vostede precisa confirmar un permiso
Se dispón dunha mensaxe de correo electrónico co permiso de alguén, envíe a mensaxe ao enderezo do OTRS que aparece arriba. É emellor empregar unha mensaxe de correo baseada en commons:email templates para obter o permiso solicitado. As concesións de permiso han de conter especificamente unha concesión de licenza libre e non poden limitarse a dar permisos para Commons ou a Wikipedia. (Consulte tamén m:OTRS/permissions-en-guide)
Cando envíe unha mensaxe ao OTRS, o mellor é que indique que a/s imaxe/s están ou estarán aloxadas en Commons e que dea o URLs ou nome dos ficheiros exactos de ser posíbel. Redirixa todos os cabezallos da mensaxe (ou faga que o posuidor do copyright envíe o correo directamente) - OTRS é un sistema totalmente privado.
Un voluntario do OTRS confirmará que o permiso é correcto (e neste caso vostede pode usar un dos modelos de embaixo) ou explicaralle cal é o problema (por exemplo, a persoa que dá permiso non é en realidade o propietario do copyright, problema de copyright sen relación, como obras derivadas).
Os voluntarios do OTRS que son administradores en Commons aparecen listados en m:OTRS/personnel cun "y" baixo a columna "Commons". Tamén hai unha lista parcial en Template talk:PermissionOTRS. Se a súa mensaxe/solicitude tarda moito tempo en obter resposta, tente contactar con algunha destas persoas e pergúntelle como proceder.
Os voluntarios do OTRS tamén xestionan informes sobre violacións de copyright. Se ten interese en presentarse como voluntario para traballo do OTRS relacionado con Commons, pódeo facer contactando con guillom ou calquera outro administrador do OTRS dos que aparecen listados en m:OTRS/personnel.
[edit] Modelos que se poden empregar nas páxinas das imaxes
- Os usuarios que contacen co OTRS mais non teñen recibido aínda confirmación poden empregar {{Otrs pending}} para indicarlles aos demais que está en progreso.
- Os voluntarios do OTRS poden empregar {{PermissionOTRS|ticket=URL}}.
- Os usuarios que contacten co OTRS poden empregar {{PermissionOTRS|id=ticketid}} se coñecen a incidencia ou a súa petición/mensaxe.
[edit] Véxase tamén
- commons:Email templates - empregue estes modelos ao solicitar permiso por correo electrónico
- m:OTRS
- Wikimedia's OTRS (precísase rexistro)

