From Wikimedia Commons, the free media repository
- Como crear e configurar una conta de usuario en Wikimedia Commons
Para cargar ficheiros en Wikimedia Commons necesita unha conta de usuario e estar dentro do sistema (rexistrado). Crear unha conta é libre e non leva máis cuns segundos.
[edit] Crear unha conta
 |
Prema no enlace “Log in / create account (Rexistrarse /Crear conta)” na parte superior dereita. |
 |
Isto leva a un formulario de rexistro. Prema no enlace en negriña “Create an account/Crear unha conta”. |
 |
Agora pode ver o formulario de creación da conta.
- Copie o texto que se visualiza na imaxe distorsionada no campo seguinte (Este é un mecanismo necesario para protexer o sistema fronte ao spam. Se vostede ten algún problema visual, solicite axuda en Commons:Village pump).
- A continuación introduza o nome de usuario que escolla e un contrasinal seguro.
- Non se require un enderezo de correo electrónico. Se vostede inclúe un, pode intercambiar correo con outros usuarios. O seu enderezo de coreo só se mostra a aqueles usuarios aos que lles envía correo. Se decide poñer o seu enderezo de correo, debe confirmalo a continuación.
|
[edit] Configurar as preferencias
[edit] Véxase tamén
As páxinas do manual de MediaWiki: