MediaWiki talk:Uploadtext/glownwork

From Wikimedia Commons, the free media repository
Jump to: navigation, search
Namespace-mediawiki.svg MediaWiki:Uploadtext/glownwork forms part of the MediaWiki interface and can only be edited by administrators.
To request a change to MediaWiki:Uploadtext/glownwork, add {{Edit request}} to this talk page, followed by a description of your request.
This interface message or skin may be documented on MediaWiki.org or TranslateWiki.
Translations: English | български | català | dansk | Deutsch | Ελληνικά | español | eesti | فارسی | suomi | føroyskt | français | galego | עברית | hrvatski | magyar | íslenska | italiano | 한국어 | lietuvių | македонски | മലയാളം | Nederlands | norsk bokmål | polski | português | română | slovenčina | svenska | ไทย | 中文
Talk pages: English | català | Deutsch | Ελληνικά | español | eesti | galego | עברית | hrvatski | lietuvių | македонски | മലയാളം | polski | slovenčina | svenska | ไทย

Este formulario serve exclusivamente para publicar as súas obras persoais (documentos que creou e sobre os que posúe os dereitos de copia).

Para subir obras de terceiras persoas, por favor, utilice o formulario correspondente.

1º paso. Que é o que se considera como a súa obra propia? E que non?
Checked copyright icon.svg
  • Fotografías ou vídeos que teña feito:
    • de paisaxes naturais, animais, plantas
    • personaxes públicos ou xente en eventos públicos
    • obxectos cotiáns sen carácter artístico (ferramentas, etc.)
  • Gráficos, mapas, diagramas ou ficheiros sonoros creados totalmente por vostede.
  • As obras que inclúan outras obras protexidas (obra derivada) non están permitidas:
    • Capturas de pantalla de emisións de televisión, películas ou programas informáticos.
    • Fotografías de obras de arte, de estatuas, de embalaxes comerciais e de xoguetes actuais.
    • Debuxos de personaxes de televisión, de bandas deseñadas ou de películas, aínda que os debuxara vostede mesmo/a.
Stop hand.svg
2º paso. Axude a que outros atopen o seu ficheiro. (Commons ten millóns de ficheiros)
Searchtool.svg
  • Encha o campo "Nome" cun nome descritivo co cal o ficheiro será rexistrado. Por favor, non utilice os nomes por defecto da súa cámara de fotos (img_3452.jpg, etc.)!
  • Use a caixa de información da dereita.
  • Escriba unha descrición concisa e precisa da obra que publica. Así axuda á xente que queira recuperar a súa obra para usala.
  • Utilice a ferramenta CommonSense para atopar as categorías apropiadas.
  • Considere proporcionar os datos xeográficos relativos á súa imaxe; vexa Commons:Geocoding (en inglés) para máis información.
Copie, pegue e encha isto na caixa
de descrición con todos os detalles:
{{Information
|Description=
|Source=self-made
|Date=
|Author= MyName (~~~) 
|other_versions=
}}
3º Paso. Escolla unha licenza libre para a súa obra.
Definition of Free Cultural Works logo notext.svg

Ao publicar a súa obra en Commons ofrécea ao mundo baixo unha licenza libre que permite a cada un utilizar, modificar e redistribuír a súa obra para calquera propósito. Esta doazón é irrevogable. Vostede seguirá como titular dos dereitos de autor da súa obra, sen prexuízo de que todas as obras publicadas en Commons ofrecen polo menos estes dereitos aos usuarios. Para máis detalles sobre os fins non lucrativos da Fundación Wikimedia, visite o sitio web da Fundación.

  • Commons dá a posibilidade de utilizar varias licenzas simultaneamente. Principalmente distínguense polos créditos ao autor esixidos e pola presenza de cláusulas que esixen que os traballos posteriores baseados na súa obra sexan postos baixo a mesma licenza.
  • Escolla unha licenza do menú desplegable ou escríbaa a man na caixa de descrición.
  • Coñecer os dereitos que concede é a súa responsabilidade.
Notas
  • Publique o ficheiro coa maior resolución posible. Por favor, de paso, elimine calquera marca dixital que haxa sobre as súas imaxes.
  • Publique os seus ficheiros nunha das extensións aceptadas por Commons (SVG, PNG, JPG, GIF, Ogg, DjVU,...).
  • As imaxes comprometedoras ou embarazosas doutra xente, tomadas sen o seu consentimento, poderían causar problemas. Use o seu sentido común.
  • Lembre que a Wikimedia Commons é un proxecto con fins educativos e informativos.