Template:FoP/gl

From Wikimedia Commons, the free media repository
Jump to navigation Jump to search

Advertencia: Crese que o suxeito desta imaxe está protexido por dereitos de autoría.

Considérase que fotografar, subir e reutilizar esta obra derivada está permitido baixo as leis dos dereitos de autoría do país no cal se fotografou, posiblemente con algunhas restricións, porque o suxeito está instalado permanentemente nun lugar público. En Alemaña, esta excepción coñécese como Panoramafreiheit; moitos outros países teñen excepcións similares, das cales se fala na Wikimedia Commons como "liberdade de panorama" (en inglés).

A liberdade de panorama non é válida en todos os países e a miúdo só se aplica ás fotografías de edificios que están situados permanentemente en lugares públicos. Algúns países poden aplicar a liberdade de panorama máis amplamente. Pode ou non estenderse a esculturas e/ou a obxectos que non están nun "lugar público" pero si "nun lugar ó que o público pode acceder". O uso permitido desta fotografía, de habelo, depende das leis do país de creación e tamén pode depender das leis do país no cal a obra derivada se vai usar. Consulte Commons:Freedom of panorama para obter información detallada por países.

Antes de reutilizar este contido, asegúrese de ter o dereito de usalo. Vostede é o único responsable de asegurarse de non infrinxir os dereitos de autoría doutra persoa. Consulte a nosa advertencia xeral (en inglés) para obter más información.

Se engadiu este modelo á páxina de descrición dunha imaxe, lembre que en moitos casos debe ir acompañada dun recoñecemento da fonte (en inglés).

Bahasa Indonesia  català  čeština  dansk  Deutsch  English  español  français  galego  italiano  magyar  occitan  Plattdüütsch  polski  português  sicilianu  slovenščina  suomi  Zazaki  македонски  русский  ಕನ್ನಡ  日本語  中文  中文(简体)‎  עברית  +/−
NOTE: Please do not use this template directly! This is just for translation. Use {{FoP}} instead.