User:Prevert/Primeiros pasos/Calidade e descrición

From Wikimedia Commons, the free media repository
Jump to: navigation, search
Primeiros pasos/Calidade e descrición noutras linguas:

Alemannisch | català | čeština | Deutsch | English | español | français | galego | magyar | 日本語 | ភាសាខ្មែរ | 한국어 | norsk bokmål | polski | português | română | русский | slovenčina | shqip | suomi | svenska | Türkçe | Tiếng Việt | 中文(简体)‎ | 中文(繁體)‎ | +/−

Primeiros pasos
Primeiro contacto
Cargar
Recomendacións
Uso dos ficheiros
Como optimizar a carga de imaxes

Calidade[edit]

Unha imaxe da lúa de Saturno Titán cragada coa máxima resolución dispoñible e coa descrición de imaxe recomendada (prema na imaxe para ver a páxina de descrición da imaxe)

En xeral, a calidade dos ficheiros debe ser a maior posible, así por exemplo as imaxes poderían empregarse en impresións de alta calidade. Co formato JPEG —recomendado para as fotos pero non para os diagramas— ou co formato PNG, utilice a máxima resolución. A 19 de outubro de 2005 o software MediaWiki non pode xestionar PNGs maiores de 12,5 megapíxeles —arredor de 3500x3500 píxeles— non obstante as imaxes nesa resolución teñen unha boa calidade. O software non pode cambiar a escala dos GIFs animados, polo tanto debe cargalos co tamaño desexado.

Só certos tipos de ficheiros están permitidos en Wikimedia Commons. Se intenta cargar un tipo de ficheiro distinto recibirá unha mensaxe de erro.

Para fotografías, use JPEG. Aínda que con TIFF consíguese unha calidade moi alta, os ficheiros tenden a ser moi grandes e o software non pode convertilos ao voo (esta é a razón pola cal este formato non está dispoñible en Commons). PNG usa unha compresión sen pérdidas e polo tanto teoricamente mellor para imaxes, pero por desgraza non funciona moi ben coas fotografías. Aínda que é a mellor opción para as animacións, o formato GIF está especialmente desaconsellado en Wikimedia Commons. Para diagramas SVG é o formato preferido, porque é fácil de editar e escalar. Se modifica unha imaxe doutros, por favor cárguea cun nome diferente e engada un enlace á imaxe orixinal.

Os formatos de son permitidos corresponden a MIDI (.mid) e Ogg Vorbis (.ogg) e para ficheiros de vídeo Ogg Theora unicamente (tamén .ogg). Outros formatos de son usados amplamente como MP3 e formatos de vídeo como MPEG non están permitidos en Wikimedia Commons por razóns relacionadas coas patentes.Como no caso das imaxes fixas a calidade do son e dos ficheiros de vídeo non debe ser moi baixa. O límite superior para o tamaño do ficheiro está en torono a 20 MB, escolla a calidade en función da duración do ficheiro multimedia.

Boas decricións dos ficheiros[edit]

Foto da Nebulosa Orion Nebula coa descrición recomendada incluindo como se fixo a imaxe e información do licenciamento por parte do propietario do copyright (prema na imaxe para ver a páxina de descrición da imaxe)

Unha boa descrición do ficheiro suministra información completa acerca do propio ficheiro, incluindo a información legal necesaria como o status do copyright e a fonte, así mesmo unha descrición de como foi feita e do que mostra. Para axudarlle na elaboración da descrición, hai un modelo estándar para as imaxes. As a side effect, this template is also rendered in a typographically sound way. Recoméndase encarecidamente usar este modelo. Só hai que copiar o código que aprece a continuación e pégueo no campo “Summary/Resumo” cando estea cargando o ficheiro e cubra os camnpos en branco:

{{Information|
|Description=
|Source=
|Date=
|Author=
|Permission=
|other_versions=
}}
Os campos deben completarse do seguinte xeito

Se non pode encher todos os campos, use en substitución o signo ‘-’ (sen as aspas). Por favor non deixe campos en branco, se non o modelo non funcionará segundo o esperado.

Descrición/Description
Descrición do contido. O que se ve, oe ou percibe? É unha obra de arte, por favor engada unha breve descrición histórica. En caso de datos científicos, un breve resumo do ficheiro. As descrición poden ser en calquera lingua, pero é boa idea incluir tamén unha descrición en inglés. Se vostede fala moitas linguas considere escribir a descrición en todas elas.
Orixe/Source
Se é unha creación propia utilice esta frase “Own work/Obra propia.” ou semellante. Noutros casos por favor inclúa un:
  • Enlace a un sitio web, que apunte á páxina onde está inserido o ficheiros ou un enlace directo ao ficheiro
  • Nome da institución
  • Libro fonte
  • etc.
Data/Date
Data de creación (ou data de publicación), preferiblemente no formato ISO 8601, por exemplo “2006-01-08” para 8 xaneiro 2006.
Autor/Author
Autor(es) do ficheiro. Se non coñece o nome de ningún dos autores, use o nome da(s) institucion(s) editora(s). En caso de ser unha obra propia, escriba o nome real mailo o nome de usuario entre paréntese, por exemplo “Gabor Eszes ([[User:UED77|UED77]])”. Iso lese “Gabor Eszes (UED77)”. Tamén pode enlazar o nome real ao nome de usuario como en “[[User:UED77|Gabor Eszes]]”.
Licenza/Permission
Inclúa unha breve referencia do permiso orixinal que lle deu o propietario do copyright. Naqueles caso que sexa un permiso xeral (por ex.: US Domino Público ou licenzas de contidos libres) inclúa un enlace ao aviso legal ou ao acordo de licenciamento. Se vostede é o propietario do dereitos, suministre un breve aviso do tipo “Licenza-dual baixo GFDL e CC-By-SA-2.5, 2.0, e 1.0”, tamén pode escribir “Vexa abaixow” para apuntar aos marcadores de licenza a continuación da caixa de información.
Aviso: Debe marcar a imaxe co modelo de licenza apropiado en cada caso!
Outras versións deste ficheiro/Other versions of this file
Se hai outras versións do ficheiro en Wikimedia Commons (por exemplo unha versión en branco e negro dunha imaxe en cor) utilice este campo para enlazar coas outras versións cun enlace wiki.

Aviso: Por favor lea atentamente Primeiros pasos/Catalogar e clasificar.

Resumo no formulario de carga[edit]

Cando cargue un ficheiro, o formulario de carga ten un campo chamado summary/resumo. Os primeiros 255 caracteres do resumo móstranse permanentemente na páxina de descrición da imaxe, no "historial" páxina.

Se está cargando a primeira versión dun ficheiro (non hai ningún ficheiro con ese nome), entón o resumo (summary) tamén se copiará na páxina de descrición da imaxe. Suministre nese caso información completa no resumo como se detalla en enriba en #Boas decricións dos ficheiros.

Se está cargando unha nova versión dun ficheiro é importante especificar co máximo detalle posible como mudou o ficheiro. Esta información é importante porque pode ser difícil para outros recoñecer as diferenzas entre as dúas versións. Por exemplo, para unha imaxe, pode escribir

Recortados 25 píxeles da parte superior, clarexada con Photoshop, gardada co 95% de calidade

Vexa tamén[edit]

Páxinas en Wikimedia Commons:

Manual de MediaWiki: