User:Prevert/Primeiros pasos/Reusar ficheiros

From Wikimedia Commons, the free media repository
Jump to: navigation, search
Primeiros pasos/Como utilizar o material de Commons:

Alemannisch | asturianu | català | čeština | Deutsch | English | español | français | galego | magyar | italiano | 日本語 | polski | português | română | русский | slovenčina | shqip | suomi | svenska | Türkçe | 中文(简体)‎ | 中文(繁體)‎ | +/−

Primeiros pasos
Primeiro contacto
Cargar
Recomendacións
Uso dos ficheiros


Como utilizar o material de Commons

Na procura de material multimedia en Commons[edit]

Para atopar ficheiros multimedia en Wikimedia Commons vexa se existe un artigo apropiado que poida conter o ficheiro. Hai menos artigos en Commons que na Wikipedia, na Portada pode ver un sistema de clasificación ordenado por temas, por tipo de ficheiro, por licenza, por autor e por orixe. Tamén en seis grandes grupos: Natureza, Imaxes, Ciencia, Son, Sociedade e Vídeo. Engada no proxecto Wikipedia local enlaces nos artigos ás galerías de Commons, sempre que sexa posible, para que sexa máis fácil atopar os ficheiros.

Un bo xeito de achar ficheiros en Wikimedia Commons é a páxina de busca.

Se vostede quere utilizar os ficheiros de Wikimedia Commons en proxectos externos á Wikimedia pode facelo. Non obstante debe ter en conta algúns puntos moi importantes:

  • Ao contrario que nos repositorios multimedia tradicionais Wikimedia Commons é libre. Calquera pode copiar, usar e modificar calquera ficheiro dos que hai dispoñibles aquí para calquera propósito incluído o uso comercial; sempre e cando se acredite a fonte e os autores e sempre e cando as súas versións das copias/melloras garantan a mesma liberdade de uso para outros.
  • A base de datos de Wikimedia Commons e os textos que hai nela están licenciados baixo a Licenza de Documentación Libre GNU. As condicións de licenciamento para cada ficheiro individual pode consultarse na páxina de descrición do ficheiro.
  • En todo caso verifique a exactitude da información de cada ficheiro porque nós non garantimos que esa información sexa correcta. Por favor comprobe vostede mesmo as condicións de licenza de cada un dos ficheiros que queira utilizar.
  • Información máis detallada sobre as condicións de uso está dispoñible en Commons:Licensing.

Incluir material multimedia de Commons nos proxectos Wikimedia[edit]

En xeral, para inserir un ficherio de Wikimedia Commons na Wikipedia ou noutro Wikimedia wiki, basta incluílo do mesmo xeito que cun ficheiro almacenado de xeito local.

Para incluir unha imaxe nunha páxina, use por exemplo un enlace como o que segue (amósase o uso estándar):

[[Image:file.jpg|thumb|right|321px|descrición]]

Para incluir son pode escoller entre dúas posibilidades seo modelo {{Audio}} está dispoñible no wiki local (se non debe usar o primeiro método):

[[Media:file.ogg|descrición]]
{{Audio|Nome_do_ficheiros-sen incluir o espazo de nomes|descrición}}

Pode ampliar detalles páxina de axuda do manual de MediaWiki refirida aos ficheiros multimedia, na páxina sobre o código wiki para imaxes e no tutorial sobre as imaxes (os tres en inglés).

Incluir material multimedia de Commons en proxectos alleos a Wikimedia[edit]

Enlazar directamente os ficheiros de Wikimedia Commons desde un servidor externo (“Deep linking”) está considerado un roubo de ancho de banda e os servidores externso que fagan iso serán bloqueados permanentemente unha vez que os administradores do servidor Wikimedia detecten o abuso (habitualemente iso ocorre enseguida). There is a proposal to allow non-Wikimedia wikis to easily access Commons material - meta:InstantCommons. This feature does not yet exist, so at the moment files must be separately uploaded to other wikis.

You are always welcome to download files you are interested in for reuse as long as you follow the license conditions provided along side the files.

Véxase tamén[edit]

Páxinas de Wikimedia Commons:

Manual de MediaWiki: