User:Rocastelo/Primeiros pasos/Selección da licenza

From Wikimedia Commons, the free media repository
Jump to navigation Jump to search
Primeiros pasos/Selección da licenza noutras linguas:

Alemannisch | asturianu | català | čeština | Deutsch | English | español | فارسی | français | galego | magyar | italiano | 日本語 |、 ភាសាខ្មែរ | 한국어 | Nederlands | norsk | polski | português | română | русский | slovenčina | shqip | suomi | svenska | Türkçe | 中文 | +/−

Primeiro contacto
Recomendacións
Uso dos ficheiros
Como seleccionar a licenza correcta

Despois de cargar o ficheiro ten que elixir a licenza da imaxe. É unha decisión importante, todo o contido de Wikimedia Commons ten que estar licenciado libremente.

Diagrama de fluxo de decisións sobre o ficheiro multimedia cargado en Wikimedia Commons

É imprescindible ter claro que dereitos ten sobre o ficheiro para cargalo cunha licenza libre. O diagrama de decisións preséntase de forma gráfica na ilustración que se amosa á dereita.

  • Por regra xeral, se vostede publica contido propio baixo unha licenza libre non pode revocar os permisos outorgados.
  • O exemplo máis simple son as imaxes creadas por un mesmo. Para as fotografías realizadas por un mesmo deben tomarse en consideración algunhas cuestións previas antes da súa publciación. Cada persoa representada na fotografía debe estar de acordo coa publicación. Iso non é aplicable se a fotografia corresponde a eventos públicos ou a persoas coñecidas, sempre e cando a imaxe non se realice no ámbito privado.
  • As obras artísticas que expoñen permanentemente en espazos públicos están protexidas nalgúns países —por exemplo: Alemaña, Suíza e Austria— baixo o concepto Liberdade de Panorama, mentres outras nacións como Francia e Bélxica non dispoñen desa regulación. Se a Liberdade de Panorama é aplicable, pode cargar as súas imaxes de calquera obra de arte ou edificio sen problema. Iso non está permitido en países como Francia e Bélxica, por ex. non pode cargar imaxes do Atomium en Bruxelas, Bélxica. Nalgúns casos cando o obxecto fotografado estea exposto de xeito temporal nun lugar público, a Libertade de Panorama non é aplicable. Un exemplo coñecido disto é o Reichstag empaquetado por Christo en Berlín, Alemaña. Tamén debe de conseguir o permiso do propietario para obxectos de museos ou instantáneas em propiedades privadas, en particular en interiores.
  • Moitas das imaxes que pode atopar en Internet non se poden cargar, a non ser que o propietario do copyright permita a súa publicación baixo unha licenza libre. Tamén pode intentar conseguir o permiso do propietario. Se obtén o permiso vía correo electrónico, por favor reenvíe o devandito permiso a permissions@wikimedia.org e faga mención do permiso cando gargue a foto.
  • Se o autor morreu hai máis 70 anos a imaxe está no dominio público en numerosos países e pode ser cargada en case todos os casos. Isto é aplicable ás reproducións de terceiras partes, posto que para amparar co copyright a reprodución necesítase un grao de orixinalidade que a imaxe non ten. (Vexa como exemplo o caso Bridgeman vs. Corel.)
  • Pode consultar información en detalle sobre o copyright e as licenzas, tamén sobre as leis do copyright en diversos países en Commons:Licensing.
Selector de licenzas no formulario de carga

Con estes coñecementos básicos xa pode ter a a capacidade de elixir a licenza apropiada na maioría dos casos. Tan só debe seleccionar a licenza desexada da lista que aparece no recadro de licenza do formulario.

“Obra propia, todos os dereitos liberados (Dominio público)”
Con esta elección outorga a quenqueira o permiso para usar a imaxe con calquera propósito. Non hai a obriga de citalo como autor. Unha vez no dominio público non pode cambiar a licenza. Outras licenzas permiten reter algúns dereitos.
“Recoñecemento 2.5” e “Recoñecemento-CompartirIgual 2.5”
Esta licenza foi creada por Creative Commons, quen creou unha manchea de licenzas modulares que se poden combinar de varios xeitos. As dúas licenzas Creative Commons que se aceptan en Wikimedia Commons son “[Recoñecemento]” ({{tl|cc-by}}) e “[Recoñecemento-CompartirIgual]” ({{tl|cc-by-sa}}) en todas as versións que se publicaron. Basicamente, “Recoñecemento 2.5” require citar o autor da obra, mentres “Recoñecemento-CompartirIgual 2.5” require a quen a modifique a publicala baixo esta licenza, é o principio copyleft
“Licenza de Documentación Libre GNU”
A GNU Free Documentation License é a licenza que usa a Wikipedia para os textos e é anterior ás Licenzas Creative Commons. É similar á licenza “Recoñecemento-CompartirIgual/Attribution share alike”, pero adicionalmente require que o seu uso sexa acompañado polo texto completo da licenza, o que provoca que o seu uso non sexa práctico para posters ou postais.
“Obra propia, copyleft. Multilicenza GFDL e Creative Commons CC-BY-SA-2.5 e versións anteriores (2.0 e 1.0)”
Cabe a posibilidade de publicar as súas obras baixo múltiples licenzas. Esta é a opción que se recomenda agora mesmo en Commons, fai máis sinxelo reutilizar os seus ficheiros noutros contextos.
“Non sei que licenza ten”
Esta non é unha opción real, é máis ben unha proba para verificar que se coñece o que se está a facer. As imaxes cargadas con esta opción acabarán borradas. Especialmente Fair use e outras imaxes que carezan de licenza libre (como dereitos para usos non comerciais) non se permiten en Wikimedia Commons.

Se non hai a licenza apropiada, pode seleccionar "None" e manualmente inserir a licenza correcta unha vez cargada a imaxe (para unha lista de todas as licenzas permitidas ver Commons: Copyright tags), esta é unha forma máis avanzada de selección e precisa o coñecemento exacto do nome do marcador da licenza.

Unha vez realizada a elección poida que queira premer no botón de vixilancia (watch). Na súa lista de seguimento pode ver a data na que se realizou algún cambio, os comentario e quen realizou os cambios. Para finalizar, unha vez que premas no botón Subir un ficheiro poida que sexa necesario que confirmes esa acción, no caso de que o teu software che mostre un sinal de seguridade. Logo que se complete o proceso de carga -que pode levar un tempo- irá directamente á páxina da imaxe, alí debería engadir a imaxe a unha categoría ou a unha galería, xa que do contrario, a xente non podería atopar a imaxe, isto aparece descrito con máis detalle en Primeiros pasos/Calidade e descrición.

Véxase tamén[edit]

Wikimedia Commons pages: