Commons:Modelos de mensaxes

From Wikimedia Commons, the free media repository
Jump to: navigation, search

Shortcut: COM:ET

العربية | беларуская (тарашкевіца)‎ | català | dansk | Deutsch | Ελληνικά | English | Esperanto | español | euskara | فارسی | suomi | français | galego | magyar | italiano | 日本語 | 한국어 | македонски | Nederlands | norsk bokmål | norsk nynorsk | occitan | polski | português | русский | slovenčina | svenska | Tiếng Việt | 中文(繁體)‎ | 中文(简体)‎ | +/−

Esta páxina contén modelos de mensaxes para diversas situacións. Naturalmente, podes modificar devanditos modelos ou elixir o idioma que prefiras. Por favor documenta os permisos que recibas en resposta ás túas peticións na páxina apropiada e por favor remite unha copia do permiso a permissions-commons@wikimedia.org, que serve como arquivo central de permisos da Fundación Wikimedia.

Só o propietario dos dereitos pode dar consentimento[edit]

Se lle envías unha mensaxe de correo electrónico a unha organización, asegúrate de te pores en contacto co propietario concreto do copyright dunha obra. Son os únicos que poden publicar legalmente unha obra baixo unha licenza concreta.

Modelo de correo electrónico para a liberación dos dereitos de autor dun ficheiro[edit]

Recibimos un gran número de correos electrónicos de propietarios de dereitos de autor que queren permitir a Wikipedia o uso dos seus contidos (correos como, "Permito que Wikipedia use as miñas fotos", etc.) Desafortunadamente, estas frases son insuficientes dende un punto de vista legal: precisamos unha declaración de consentimento máis específica para aceptar o seu permiso. O seguinte modelo axudarao a crear un correo electrónico con esa declaración.

  • Antes de que nos envíe calquera correo electrónico, asegúrese de que eliminou tódalas instrucións do modelo.
  • Substitúa o texto modelo (como o nome) cos seus detalles, e elimine tódolos corchetes.

Para: permissions-commons@wikimedia.org


Mediante o presente documento expreso que ESCOLLA UNHA: [eu, (nome), son o] OU [represento a (nome do titular), ] creador e/ou único titular da propiedade intelectual de ESCOLLA UNHA: [URL do contido] OU [imaxe/texto adxunto] e teño a autoridade legal para liberar os dereitos de autor deste traballo.

Estou de acordo e consinto en publicar esta obra baixo a seguinte licenza libre: Creative Commons Attribution-Share Alike 4.0 International. (Pode escoller outra licenza da nosa lista de licenzas se o desexa, pero ten que indicar unha).

Son coñecedor de que mediante a presente concedo a calquera persoa o dereito a empregar a obra nun produto comercial, e modificala segundo as súas necesidades, sempre e cando respecte os termos da licenza e tódalas leis aplicábeis.

Son consciente de que este acordo non está limitado á Wikipedia ou ós sitios relacionados.

Son consciente de que sempre reterei os dereitos de autor da miña obra e que conservo o dereito de ser atribuído como tal de acordo coa licenza elixida. As modificacións que outros fagan á imaxe non serán atribuídas a min.

Son consciente de que a licenza libre refírese soamente ó copyright, e reservo a opción para tomar accións legais contra calquera persoa que empregue este traballo violando calquera outra lei, como restricións de marca rexistrada, difamación, ou restricións xeográfico-específicas.

Recoñezo que non podo retractarme deste acordo, e que a obra tanto pode ser acollida temporal como permanentemente nun proxecto de Wikimedia.

[Nome do remitente]
[Autoridade do remitente (Se aplicable. E.g. "posuidor do Copyright", "Director", "Representante designado de", etc.)]
[Data]

Envíe o modelo ó noso equipo de resposta de correos electrónicos ("OTRS") en permissions-commons@wikimedia.org. O correo electrónico que envíe debe chegar dunha dirección de correo electrónico que poidamos recoñecer que está asociado co contido a ser liberado. Por exemplo, se está liberando imaxes mostradas nun sitio web, a súa dirección de correo electrónico deberá estar asociada co sitio web ou debe estar listado na páxina de contacto dese sitio web, se está liberando imaxes en nome dunha organización, a súa dirección de correo electrónico debe ser unha dirección de correo electrónico oficial desa organización, se está liberando un traballo que non está dispoñible na rede, pode ser que se lle solicite que proporcione, en privado, evidencias da súa identidade ó voluntario de OTRS que procese o seu correo, se está liberando un traballo para o que actúa en nome do propietario dos dereitos de autor, pode ser que se lle solicite algunha proba desta autorización, como un correo enviado do propietario dos dereitos designándoo a vostede como seu representante nesta xestión.

Máis exemplos[edit]

Pode atopar máis exemplos en Example requests for permission.