Commons:OTRS/gl

From Wikimedia Commons, the free media repository
Jump to: navigation, search

OTRS significa Open-source Ticket Request System, en galego Sistema de Petición de Incidencias de Código Aberto. OTRS é unha ferramenta usada polos proxectos Wikimedia, incluíndo Commons, para xestionar e gardar conversas por correo electrónico. O principal uso de OTRS respecto a Commons é verificar e gardar permisos de licenza.

Nalgúns casos, pode ser necesario enviar un correo electrónico a OTRS para proporcionar unha evidencia de que o propietario dos dereitos de autor da permiso para publicar un ficheiro baixo unha licenza libre. Esta evidencia debe enviarse a permissions-commons@wikimedia.org (ou unha dirección específica para a súa lingua). OTRS tamén se usa para xestionar correos electrónicos de aviso de violacións de copyright.

Os correos enviados a OTRS están xestionados por un equipo multilingüe de voluntarios de confianza. A cada tema asígnaselle un número de tícket único para manter xuntos os correos relacionados e para asegurar que a correspondencia pode ser atopada e reexaminada no futuro. A correspondencia non é visible ó público.

Captura de pantalla do OTRS: como ven as peticións os voluntarios do OTRS.
Imaxe que recibiu permiso para o seu uso vía OTRS.

Cada tícket será revisado por un voluntario. Se hai evidencia abondo dun permiso válido, o voluntario marcará o(s) ficheiro(s) asociados como revisados. O voluntario tamén poderá restaurar calquera ficheiro que puideran ser borrados antes de que o permiso puidera ser verificado, polo que seguindo o procedemento descrito aquí, non hai necesidade de solicitar a restauración de ficheiros. Se non hai evidencia abondo, o voluntario poderá solicitar información adicional ó remitente. Os voluntarios tamén se asegurarán que calquera violación de copyright das que se decaten sexan borradas.

O número de voluntarios OTRS de Commons activos é moi pequeno en relación ó número de correos electrónicos recibidos. O retardo actual para tíckets en inglés é aproximadamente de 51 días, polo que, desculpas polo atraso. Anímase ós editores experimentados de Commons a unirse ó noso equipo de voluntarios e mellorar os nosos tempos de resposta.

As consultas sobre a validez ou o estado dun ticket OTRS poden facerse no taboleiro de OTRS.

Se vostede precisa confirmar un permiso[edit]

Se dispón dunha mensaxe de correo electrónico co permiso de alguén, envíe a mensaxe ao enderezo do OTRS que aparece arriba. É mellor empregar unha mensaxe de correo baseada en neste modelo para obter o permiso solicitado. As concesións de permiso han de conter especificamente unha concesión de licenza libre e non poden limitarse a dar permisos para Commons ou a Wikipedia. (Consulte tamén m:OTRS/permissions-en-guide)

Cando envíe unha mensaxe ao OTRS, o mellor é que indique que a/s imaxe/s están ou estarán aloxadas en Commons e que dea o URLs ou nome dos ficheiros exactos de ser posíbel. Redirixa todos os cabezallos dos correos electrónicos (ou faga que o posuidor do copyright envíe o correo directamente), OTRS é un sistema totalmente privado.

Un voluntario do OTRS confirmará que o permiso é correcto (e neste caso vostede pode usar un dos modelos de embaixo) ou explicaralle cal é o problema (por exemplo, a persoa que dá permiso non é en realidade o propietario do copyright, problema de copyright sen relación, como obras derivadas).

Os voluntarios do OTRS que son administradores en Commons aparecen listados nesta páxina cun "y" baixo a columna "Commons". Tamén hai unha lista parcial nestoutra páxina. Se a súa mensaxe/solicitude tarda moito tempo en obter resposta, tente contactar con algunha destas persoas e pergúntelle como proceder.

Os voluntarios do OTRS tamén xestionan informes sobre violacións de copyright. Se ten interese en presentarse como voluntario para traballo do OTRS relacionado con Commons, pódeo facer contactando con guillom ou calquera outro administrador do OTRS dos que aparecen listados na páxina indicada enriba.

Modelos que se poden empregar nas páxinas das imaxes[edit]

  • Os usuarios que contacten co OTRS mais non teñen recibido aínda confirmación poden empregar {{OTRS pending}} para indicarlles aos demais que está en progreso.
  • Os voluntarios do OTRS poden empregar {{PermissionOTRS|ticket=URL}}.
  • Os usuarios que contacten co OTRS poden empregar {{PermissionOTRS|id=ticketid}} se coñecen a incidencia ou a súa petición/mensaxe.

Véxase tamén[edit]