Commons:Press releases/1M/gl

From Wikimedia Commons, the free media repository
Jump to: navigation, search

čeština | Deutsch | English | español | français | galego | italiano | 日本語 | polski | русский | +/−

Un millón de arquivos subidos a Wikimedia Commons, o repositorio de material multimedia libre[edit]

St. Petersburg, Florida, Estados Unidos, 30 de novembro de 2006 - A fundación Wikimedia anuncia hoxe que acadou a cifra de un millón de arquivos (imaxes, audio e vídeo con licenza libre) subidos ó repositorio en liña Wikimedia Commons (http://commons.wikimedia.org). Estas imaxes foron subministradas ou creadas por 91.006 usuarios rexistrados de tan diversa procedencia que utilizan máis de doce linguas diferentes.

Wikimedia Commons, proxecto iniciado o 7 de Setembro de 2004, é o único arquivo de material libre e contido plural ó cal calquera internauta pode contribuír. Este repositorio prové gran parte do material usado para ilustrar outros proxectos da fundación de Wikimedia, incluíndo a enciclopedia Wikipedia http://gl.wikipedia.org/wiki/Portada.

Tódolos arquivos cargados en Wikimedia Commons carecen de dereitos de autoría e están dispoñibles para calquera propósito. Sen embargo, frecuentemente, debe ser nomeado o creador ou fotógrafo nos cretos da imaxe, ademais da orixe das mesmas. Algúns arquivos son compartidos con licenzas "copyleft" que implican que os traballos derivados delas deben facerse dispoñibles nos mesmos termos.

Wikimedia Commons experimentou un rápido crecemento nos seus escasos dous anos de vida. En Maio do 2005 celebrouse a existencia de 100.000 arquivos, o cal implica que en a penas dezaseis meses o número de arquivos multiplicouse por 10. Cada semana compártense uns dous mil novos arquivos.

O arquivo "1 millón" é unha fotografía subida dende a Wikipedia inglesa polo usuario Terence Ong, un estudante de secundaria de Singapur que estivo implicado en Wikimedia dende xaneiro de 2005. Ong dixo da fotografía, a cal é unha das moitas tomadas no parque zoolóxico de Singapur, "oín que o zoo cambiou moito, así que decidín ir alí. Pois teño unha gran afección á fotografía, decidín leva-la miña cámara fotográfica dixital e afronta-lo reto." Sobre o seu interese en Wikimedia Commons Ong dixo que "Wikimedia Commons é un lugar diferente ós demais sitios en que se comparten fotos. Agrádame o concepto wiki, a presenza de contido libre e o feito de que o diñeiro non estea implicado. Aquí, teño a liberdade para subir tantas imaxes como considere apropiadas."

O arquivo compartido por Terence Ong, Image:Singapore_Zoo_37.JPG, é unha fotografía dun hipopótamo pigmeo (Choeropsis liberiensis) do zoo de Singapur. Tan pronto como a imaxe foi suba a Wikimedia Commons, estivo a disposición dos usuarios e de tódolos proxectos sen precisar ser cargada localmente.

Un mosaico de 1200 imaxes como celebración

Para celebrar que o arquivo "un millón" foi subido, a comunidade de Wikimedia Commons decidiu preparar un mosaico de imaxes da insignia da fundación de Wikimedia. Este mosaico, baseado nunha idea de Brianna Laugher (user:Pfctdayelise) é unha demostración da diversidade abraiante dos arquivos que poden ser atopados en Commons, o deseño orixinal da insignia foi subministrado por Larry Pieniazek (user:Lar), quen, servíndose de unicamente vinte e cinco imaxes, realizou unha primeira versión do mosaico. O proxecto do mosaico foi despois anunciado en varios wikis coa intención de que fose perfeccionado pola comunidade. Larry comentou: "o mosaico da insignia de Wikimedia demostra como rapidamente as boas ideas poden ter incluso máis futuro participando conxuntamente moitas mans. En escasos días, o mosaico inicial foi enormemente mellorado por ducias de usuarios [...] . Isto realmente demostra que o espírito do contido libre está vivo e ben."

O mosaico pode ser visto en Wikimedia_logo_mosaic.

Imaxes destacadas[edit]

Wikimedia Commons ten varios proxectos comunitarios dirixidos a promove-la calidade, o máis duradeiro, "Imaxes destacadas" ("Featured pictures"). Este proxecto destaca e recompensa as contribucións máis creativas, máis informativas e fermosas creadas ou encontradas polos usuarios de Wikimedia. Ata o momento hai unhas 650 imaxes de alta resolución, clasificadas en categorías referidas á natureza e os animais, á ciencia, a mapas e diagramas completamente editables, etc.

Natureza e animais[edit]

Science[edit]

Buildings and structures[edit]

Diagramas e mapas[edit]

Funcionamento dunha locomotora de vapor, creada por user "Panther", dende Russia


Animación dunha cremalleira, creada por Dominique Toussaint, dende Alemaña (user "DemonDeLuxe")


Animación[edit]

Un exemplo simple - a orde do movemento de? hao(significa "bo", creado polo usuario "Wikic", de Francia
A versión non-animada é preferible para a impresión, creada polo usuario "M4RC0", dende Francia

Wikimedia Commons acepta os formatos GIF e OGG (usando Theora codec) para vídeo e arquivos animados. Ogg é unha patente libre, con formato multimedia totalmente aberto e estandarizado.

A maioría dos arquivos de vídeo de Wikimedia Commons son material histórico que está no dominio público debido á súa idade. Polo que respecta ás animacións, sen embargo, un grupo pequeno de voluntarios estiveron dedicados a facer progresar "o proxecto chinés da orde do movemento" (Chinese stroke order project), que produce GIFs animados que amosan o proceso correcto que se debe seguir para escribi-los milleiros de carácteres chineses. O traballo está sendo enormemente beneficioso para outros proxectos de Wikimedia tales como "aprenda" Wikibook chinés.


Sobre a Fundación Wikimedia[edit]

A Wikimedia, Inc. é unha organización non lucrativa internacional que se dedica a anima-lo crecemento, o desenvolvemento e a distribución do contido libre, multilingüe, e a proporciona-lo contido completo dos proxectos wiki ó público gratuitamente. A fundación de Wikimedia realiza algúns dos proxectos de colaboración máis grandes do mundo, incluída a Wikipedia, un dos 15 sitios máis visitados, e o depósito de Wikimedia Commons. A organización foi frecuentemente recoñecida polo seu labor, séndolle concedidos, por exemplo, os seguintes premios: Webby Award, the Prix Ars Electronica Golden Nica, Japan Advertisers Association's Web Creation Award, World Technology Award in Communications Technology...

A fundación Wikimedia foi creada en 2003 para desenvolve-los proxectos existentes, e está emprazada en St. Petersburg, Florida, EE.UU. Wikimedia ten órganos locais no Reino Unido, Alemaña, Francia, Italia, Serbia, Países Baixos, Suíza, e Polonia. A maioría das operacións da fundación son financiadas por doazóns.

información adicional[edit]

Contact[edit]

Para preguntas e entrevistas, por favor, envíe un correo a press@wikimedia.org,

ou (en inglés soamente) contacte directamente con:

Contactos rexionais[edit]

Outros contactos rexionais están tamén dispoñibles.


Véxase tamén[edit]