Galician subtitles for clip: File:Sneak Preview - Wikipedia VisualEditor.webm

Jump to: navigation, search
1
00:00:00,800 --> 00:00:03,500
Ola! Son Trevor, e axudo a construír un editor visual para a Wikipedia.

2
00:00:03,505 --> 00:00:07,505
Calquera persoa pode editar a Wikipedia, pero a maioría das que o intenta confúndese facilmente

3
00:00:07,762 --> 00:00:11,262
debido a que o código vello da Wikipedia é bastante difícil de entender.

4
00:00:11,287 --> 00:00:14,787
Era fantástico cando o creamos hai doce anos,

5
00:00:14,925 --> 00:00:16,925
pero se queremos reunir e ofrecer á xente a suma de todo o coñecemento humano,

6
00:00:17,327 --> 00:00:19,327
temos que dar máis facilidades para compartilo.

7
00:00:19,360 --> 00:00:22,360
O editor visual é o meirande cambio que fixemos na Wikipedia.

8
00:00:22,604 --> 00:00:27,104
Fai que escribir na Wikipedia sexa como escribir traballo para clase ou enviar un correo electrónico.

9
00:00:27,196 --> 00:00:28,696
Aínda ten algúns erros,

10
00:00:28,962 --> 00:00:31,962
pero se queres botarlle un ollo a como vai traballar a Wikipedia nun futuro próximo,

11
00:00:32,207 --> 00:00:34,207
crea unha conta na Wikipedia en inglés.

12
00:00:34,518 --> 00:00:38,018
Vai ás preferencias e activa a versión alfa do editor visual.

13
00:00:38,296 --> 00:00:42,296
Mesmo podes axudarnos utilizándoo e logo enviando os teus comentarios.

14
00:00:42,622 --> 00:00:46,122
Únete a nós para que a suma de todo o coñecemento humano sexa máis doada de compartir.