Translations:Commons:Derivative works/21/gl

From Wikimedia Commons, the free media repository
Jump to navigation Jump to search

!!FUZZY!!Non. Moitos coches usan un deseño común que non é obxecto de copyright, porque carece de orixinalidade e creatividade. Outros elementos como esculturas, pinturas, bonecos animados que son creacións orixinais, por regra xeral, si xeran dereitos. Non hai unha liña clara entre o que se pode rexistar e o que non de cara a obter o copyright. Ocorre tamén que as diferentes lexislacións usan distintos conceptos sobre o que é orixinal. A lei alemana, por exemplo, ten un termo chamado Schöpfungshöhe, onde se define o nivel de orixinalidade que debe ter un obxecto ou debuxo para poder ter copyright. Por suposto, non hai unha definición legal para este concepto; vostede pode servirse do sentido común e da xurisprudencia (un bo punto de partida: [1]).

O deseño do seu reloxio espertador ou do prato que usa para cear porbablemente non teñan o copyright como poida telo Mickey Mouse. Por favor distinga entre producións artísticas (pokemon) e obxectos de uso diario (consolas de xogos, pratos); estes últimos non son obras no sentido do copyright, ou, dependendo da xurisdición, non dispoñen da suficiente orixinalidade para cumprir os requisitos para a protección baixo o copyright de ditos obxectos. Están protexidos, por regra xeral, polas patentes do deseño, as cales poden ou non poden (dependendo da xurisdición outra vez) permitir o uso comercial de imaxes para todo menos certos contextos determinados. Iso en principio non nos concerne, posto que é algo independente por completo do copyright e iso non é algo do que debamos preocuparnos.

No. There are special provisions in US copyright law to exempt utility articles to a wide degree from copyright protection: