Translations:Commons:Derivative works/55/gl

From Wikimedia Commons, the free media repository
Jump to navigation Jump to search

!!FUZZY!!Dificilmente. Probablemente teña que absterse de ilustrar eses artigos da Wikipedia. De todos os xeitos, hai un monte de oportunidades para ilustrar certos temas sen violar o copyright de terceiros. Este proxecto non se vai acabar porque non teñamos imaxes de Pikachu ou de Asterix. Tampouco temos imaxes das obras de Picasso ou Andy Warhol, pero seguimos escribindo artigos acerca deles.

E non, non importa se Mickey Mouse está impreso no debuxo dunha camiseta mercada con cartos propios que leva posta un mesmo mentres camiña por un espazo público recitando en voz alta a licenza GFDL. Iso non dá dereito a realizar unha fotografía da camiseta, recortar a imaxe de Mickey Mouse e cargala como material "libre". Nada do que poida facer, debuxar a Pikachu cos porpios lapises de cores ou facer unha escultura xigante de Sailor Moon, pode traspasar maxicamente o punto onde un material con copyright se converte en "libre".