User:Prevert/Primeiros pasos/Clasificar

From Wikimedia Commons, the free media repository
Jump to navigation Jump to search
First steps/Sorting in other languages:

Alemannisch | asturianu | català | čeština | Deutsch | English | español | فارسی | français | galego | magyar | 日本語 | 한국어 | Nederlands | norsk | polski | português | română | русский | slovenčina | shqip | suomi | svenska | Türkçe | 中文 | +/−

Primeiro contacto
Recomendacións
Uso dos ficheiros
Como catalogar e clasificar as imaxes

Outras persoas necesitan atopar o ficheiro que vostede carregou para ilustrar artigos noutros proxectos Wikimedia. Polo tanto resulta imprescindible engadir o ficheiro multimedia á galería específica en Commons e engadir á categoría correspondente, en caso contrario o ficheiro non será usado por ninguén. Engadir imaxes ou calquera tipo de ficheiros multimedia as galerías permite suministrar datos sobre cada ficheiro que non se pode incluir nas categorías. En todo caso cada imaxe debería estar clasifícada nunha categoría e presentarse nunha galería. Un bo exemplo dunha páxina de galería é a galería do planeta Marte. Pode saber se unha páxina é un artigo ou unha categoría mirando o nome. As páxinas que non levan prefixo son páxinas de artigos (chamadas galerías), páxinas que comezan co prefixo “Category:” son categorías e páxinas que comezan con “Image:” son páxinas de imaxe. Este concepto que se expresa mediante prefixos coñecese como “espazo de nomes/namespaces”. Deste xeito poden separarse facilmente os diferentes contidos.

Para engadir unha imaxe a unha galería despois de cargala en Commons, prema en “edit” e verá entre outras cousas algo como isto:

<gallery>
Image:Mars Valles Marineris.jpeg|Val Marineris en Marte
Image:Mars Hubble.jpg|Marte visto desde o Telescopio Espacial Hubble, cor real
</gallery>

Mostrase así:

Pode engadir a súa imaxe entre dúas marcas gallery (unha de comezo e outra de peche) do seguinte xeito:

Image:Nome_da_súa_foto.jpg|Breve descrición

Unha vez gardado o artigo pode visualizar as imaxes coma miniaturas na galería. A diferenza do caso normal no que se engade unha imaxe individual nun artigo non precisa usar os corchetes [[- e ]]- arredor da imaxe. Para o son e o vídeo o sistema é igual salvo que se mostra unha icona coma esta:

Engadir unha imaxe a unha categoría é como engadir un artigo a categoría na Wikipedia. Só hai que poñer un código como o que segue na páxina de descrición da imaxe:

[[Category:Unha categoría específica]]

Non obstante teña coidado. Non engada a imaxe a unha categoría superpoboada. Para encontrar a categoría correcta para a súa imaxe pode valerse da árbore da categoría.

Véxase tamén

[edit]

Estas páxinas de Wikimedia Commons:

Manual MediaWiki: