File:Torres Hejduk (Cidade da Cultura)2.jpg

From Wikimedia Commons, the free media repository
Jump to navigation Jump to search

Original file(3,968 × 2,976 pixels, file size: 4.61 MB, MIME type: image/jpeg)

Captions

Captions

Add a one-line explanation of what this file represents
Description

As torres da Cidade da Cultura son un proxecto do singular arquitecto John Hejduk que se remonta ao ano 1992, e que estaban pensadas para ser situadas no Parque de Belvís, onde albergarían actividades pedagóxicas complementarias ao xardín, funcionado como torres botánicas. O proxecto non chegou a materializarse e, trala morte do arquitecto no ano 2002, o responsable do proxecto da Cidade da Cultura, Peter Eisenman, decidiu incluílas na súa obra, en homenaxe ao desaparecido autor. As torres, xa construídas, intégranse por tanto no complexo da Cidade da Cultura, aínda en construción, asumindo funcións de recepción, información e exposición. Están situadas cara ao sur, moi preto da biblioteca e do futuro parque forestal que inclúe o proxecto. Son dúas pezas escultóricas iguais en forma, de singular volumetría: un prisma que ascende ata os 20 m de altura e que vai perdendo sección a medida que crece, ata converterse en algo parecido a un lucernario. Aínda que en forma son iguais están revestidas de diferente maneira: sobre unha estrutura metálica que lles da forma, unha delas revístese exteriormente con pedra mentres que a outra o fai en vidro.

En palabras de Eisenman, John Hejduk concibiu as torres como "a igrexa sen corpo", unha idea que queda un tanto desvirtuada por ter sido cambiadas de localización, aínda que no lles fai perder o seu misterioso encanto. Dende a distancia, mirando cara ao promontorio onde se sitúan as torres, as súas siluetas recórtanse como réplicas abstractas das torres da Catedral, un pouco máis aló no horizonte da cidade.
Date
Source originally posted to Flickr as Torres Hejduk (Cidade da Cultura)
Author amaianos
Permission
(Reusing this file)
This image, which was originally posted to Flickr, was uploaded to Commons using Flickr upload bot on 30 March 2010, 18:14 by Iago Pillado. On that date, it was confirmed to be licensed under the terms of the license indicated.
w:en:Creative Commons
attribution
This file is licensed under the Creative Commons Attribution 2.0 Generic license.
You are free:
  • to share – to copy, distribute and transmit the work
  • to remix – to adapt the work
Under the following conditions:
  • attribution – You must give appropriate credit, provide a link to the license, and indicate if changes were made. You may do so in any reasonable manner, but not in any way that suggests the licensor endorses you or your use.

File history

Click on a date/time to view the file as it appeared at that time.

Date/TimeThumbnailDimensionsUserComment
current18:14, 30 March 2010Thumbnail for version as of 18:14, 30 March 20103,968 × 2,976 (4.61 MB)Flickr upload bot (talk | contribs)Uploaded from http://flickr.com/photo/24326886@N03/4473643235 using Flickr upload bot

There are no pages that use this file.

File usage on other wikis

The following other wikis use this file:

Metadata