Commons:Upload/gl/Autor ou licenza descoñecidos

From Wikimedia Commons, the free media repository
Jump to navigation Jump to search

Por que necesitamos saber o autor e mais a licenza?

Se non sabemos quen é o autor, non sabemos que é o propietario dos dereitos de autor.

Se non sabemos quen é o autor, cando foi creada a obra e baixo que circunstancias (estes son os datos da orixe), non poderemos saber o status do copyright. Non podemos saber que licenzas, se as hai, ten a obra.

Temos a tarefa de proporcionar só as obras das que se sabe que están dispoñibles baixo unha licenza libre (ou no dominio público). Isto é, obras das que se sabe que non infrinxen os dereitos de ningún autor.

Por esa razón, calquera obra cun autor ou status do copyright descoñecidos (licenza) será automaticamente borrada. Por favor, non as cargue.

Comprobe o copyright[edit]

Vexa tamén a lista completa de etiquetas de copyright para moitos países. A primeira sección desa páxina ten tamén outras etiquetas xerais para outras orixes do dominio público.

Pida axuda en Help Desk[edit]

Para obter axuda para determinar o autor ou o status do copyright dunha obra, por favor, pida axuda en Commons:Help desk.



« Voltar a "Commons:Upload/gl"