Commons:A Taberna/arquivo/1

From Wikimedia Commons, the free media repository
Jump to navigation Jump to search

Benvidos/as á taberna

Benvidos/as a páxina de discusión de Wikimedia Commons en galego. Algúns recursos para os galegofalantes están en Portada galega. En Commons:Babel está a relación de marcadores de lingua incluíndo os referidos ao galego. Podedes comezar navegando polas imaxes sobre Galicia/Galiza na páxina Galicia e na categoría Galicia. Ademáis en Commons:Language policy está a política de commons sobre as linguas (en inglés). Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 19:13, 24 September 2005 (UTC)

Mapas dos Concellos

Non sei se estaredes ó tanto (Prevert si, que foi quen me avisou) de que User:Caiser empregou os meus mapas para facer outros que agora están en Category:Municipalities of La Coruña locator maps. Ata ahí non hai problena, pois publiqueinos baixo licenza GFDL. O problema ven con que non fai mención ós autores dos arquivos nos que se basou, cando o punto 4 apartada D de dita licenza di claramente You must preserve all the copyright notices of the Document. Prevert deixulle algunhas mensaxes pero semella que non fixo caso. Deixeille unha nova mensaxe a ver se recibo reposta. Que credes que se debería facer? --Alyssalover 20:35, 26 September 2005 (UTC)

Denominación das páxinas dentro da categoría Galicia

Fotos de Pontevea

Creei unha páxina A Estrada que encherei con máis fotos. Coloquei fotos de Pontevea. Pero agora estou dubidando de que Pontevea pertenza a ese concello. ¿Pertencerá ó de Teo? ¿Alguén o sabe?--Lmbuga 23:23, 3 October 2005 (UTC)

Fotos de obras pictóricas

Recibín unha mensaxe de que non manifestaba o copywrite da foto Image:Cadro M.Moratal GFDL.jpg (véxase aquí) e dita foto está sinalada para ser borrada (This image has an unknown copyright status). Ó acceder á foto, observei que tiña permiso GFDL, polo que intúo que no caso dalgunhas obras artísticas, hai que ter permiso do autor. No caso desta foto, a dona do cadro é a miña irmá (Inconcibible que teña problemas). Xa lle comuniquei a User:Thuresson, pois me mandou unha mensaxe para saber da foto, díxenlle que o cadro é da miña irmá. Como non me expreso con facilidade en inglés non lle dou preguntado a el se, no caso de que teña permiso do dono dunha obra de arte para subir unha foto da mesma, é lícito subila?--Lmbuga 18:38, 24 October 2005 (UTC)

Nazis na portada

Acabo de eliminar a toda velocidade sen darme nin sequera de alta e sen chegar a poñer que limpaba vandalismo en ningún sitio (supoño que é o que fixen), unha bandeira nazi e unha observación que puña commons para nós os nazis galegos da parte superior da portada galega de Commons.--Lmbuga 00:43, 13 December 2005 (UTC)

Contade comigo

Dende face unha semana teño as funcionalidades reservadas para os administradores en Commons. A pesar de que non son galegofalante, senón catalanofalante, quero que todos saibades con quen cernedes contar se encontrades algún problema no que sexa necesario utilizar algunha desas funciones. Saúdos!. (Nota: Texto traducido co Proxecto Rianxo). --Joanot Martorell 10:19, 18 January 2006 (UTC)

Administrador

  • Desde o 18 de abril de 2006 hai un administrador galego en Commons, estou seguro que será de moita axuda para facilitar as diversas tarefas relacionadas coa publicación de ficheiros e a categorización das imaxes. Parabéns pola súa elección para Lmbuga e para toda a comunidade galegofalante. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 15:51, 18 April 2006 (UTC)

Commons:Propostas de borrado

Problemas coa toponimia

Na páxina Salceda de Caselas (Comarca de Vigo), hai referencia a un outro concello desta comarca denominado Gondomar. Posto que xa existe a páxina Gondomar (concello de Portugal), optei por facer esa ligazón (a páxina correspondente aínda non foi creada) poñendo ó final entre parénteses o nome da comarca: Gondomar (Vigo)

Se se vos ocorre outra alternativa mellor,... --Lmbuga gl, pt, es: fala comigo 21:54, 10 May 2006 (UTC)

  • Paréceme mellor solución a que dis en segundo lugar, o que non teño claro é se é mellor entre paréntese ou separado por unha coma (,). Haberá que comprobar cal é o xeito que se usa con máis frecuencia en Commons. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 13:59, 14 May 2006 (UTC)

Portal da comunidade

Páxinas no espazo de nomes Commons en galego

Homónimos

Concellos

Templates para as votacións

Creei os modelos {{Concordo}}, {{Discordo}} e |{{Neutro}} para manifestar nas votacións de administradores o apoio, a oposición ou a neutralidade. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 13:34, 3 June 2006 (UTC)

CommonsTicker

Xa está funcionando a versión en galego de CommonsTicker —un sistema de seguimento das imaxes de Commons inseridas nos wikis locais—. Pódese atopar en: gl:Wikipedia:CommonsTicker. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 12:45, 7 June 2006 (UTC)

Xa está á vosa disposición a versión galega de PD-self--Lmbuga gl, pt, es: contacta comigo 13:20, 14 June 2006 (UTC)

Grazas pola tradución e grazas por avisar aquí. É unha sorte contar coa túa axuda. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 18:19, 21 July 2006 (UTC)

Propostas de borrado

Houbo cambios no procedimento de Propostas de borrado. A versión galega xa foi actualizada e podedes ver alí que pasos hai que seguir para propoñer eliminar un ficheiro. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 11:00, 12 September 2006 (UTC)

Índices en lingua galega

Comecei a elaborar a relación de Índices en lingua galega, un sistema de consulta de Commons que permite acceder ao contido desde ligazóns en galego. Os índices dispoñibles neste momento son: Índice de países e Índice de paxaros. As páxinas non están rematadas pero xa inclúen numerosos vínculos en galego. Están clasificadas na categoría Index in Galician language. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 15:16, 12 September 2006 (UTC)

Actualmente, para ser a imaxe do día, unha imaxe non ten que cumprir con ningún requisito senón o de licenza. Agora sométese a votación a proposta de que a partir do 1 de xaneiro de 2007, tódalas imaxes do día teñan que ser Imaxes destacadas ou Imaxes de calidade. Usuarios anónimos poden votar, sempre que demostren contribucións anteriores ó proceso de A imaxe do día. --Lmbuga gl, pt, es: contacta comigo 16:00, 23 October 2006 (UTC)

Traducín a paxina Commons:Email templates. para exemplificar as mensaxes das que se fala en Commons:OTRS --Lmbuga gl, pt, es: contacta comigo 23:56, 26 October 2006 (UTC)

Grazas por ir completando as traducións ó galego, é unha páxina moi útil. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 09:34, 27 October 2006 (UTC)
Máis traducións: Template:Blocked/gl. --Prevert(talk) 19:53, 22 November 2006 (UTC)
Outra: Template:Dont remove speedy/gl. --Prevert(talk) 20:07, 22 November 2006 (UTC)

Localización de foto

Alguén sabe o lugar de Ourense en qe está este castelo? Grazas --Lmbuga gl, pt, es: contacta comigo 18:53, 28 November 2006 (UTC)

Na secuencia de fotografías que hai en Flickr identifícase un letreiro que pon Alberguería. Na provincia de Ourense hai: A Alberguería na parroquía de Cerreda en Nogueira de Ramuín e A Alberguería na parroquia homónima de Laza. Non sei se todas as imaxes están tomadas na mesma zona, na ringleira dez, as fotografías 1, 2 e 3 contando pola esquerda semellan corresponder ao mosterio se Santo Estevo de Ribas de Sil, dito mosteiro está en Nogueira de Ramuín. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 20:29, 28 November 2006 (UTC)


Preferencias

Porqué nas preferencias non aparece o galego como lingua da interface? Pásame a min só ou é que realmente non está? E se non está, hai algún xeito de facer que apareza? Un saúdo. --Beninho 12:46, 6 March 2007 (UTC)

Polo de agora non está dispoñible, estamos traballando nelo e confio en que pasadas algunhas semanas a interface galega estea na lista de opcións. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 13:53, 11 March 2007 (UTC)

If anyone could spare a minute, I need some help with a translation for a new upcoming Commons-Extension. Thanks! --Dschwen 22:57, 29 March 2007 (UTC)

Río que pasa por Cambre?

Alguén sabe o nome do río que pasa polo centro de Cambre (--> Velaquí hai imaxes). É o río Mero? Grazas--Lmbuga gl, pt, es: contacta comigo 10:18, 18 April 2007 (UTC)

  • Esta mensaxe xa ten o seu tempo, pero espero que a miña resposta sexa oportuna. O río das fotografías é o Mero na súa desembocadura na Ría do Burgo, entre os concellos de Culleredo e Cambre. Todas (a excepción das da igrexa, que si que son en Cambre; a foto "Image:Cambre_Galicia_070330_15.jpg" non sei onde é) foron feitas na zona do Burgo (Culleredo) - O Temple (Cambre), nas proximidades da Ponte da Ría do Burgo, non no centro de Cambre (por certo, non é romana). Na final da ponte, na marxe cambresa, existen dous paraugas de pedra, coñecidos con ese mesmo nome "O Paraguas (/Paraugas)". Furagaitas (talk) 19:32, 25 November 2008 (UTC)

Precísase axuda para engadir a localización (latitude e lonxitude) das páxinas que hai dentro da categoría Galicia. En Commons:Geocoding pode verse o xeito de facelo. Tamén podería facerse coas imaxes concretas que se vaian subindo ou se subiron. Hai uns exemplos en Catedral de Santiago de Compostela e Image:Santiago Santa Susana 4.jpg. Grazas --Lmbuga gl, pt, es: contacta comigo 11:57, 11 June 2007 (UTC)

Interface en galego

Xa está dispoñible nas preferencias a opción de configurar a interface en galego. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 08:12, 14 June 2007 (UTC)

Categorías de especies ameazadas

Esta a disposición de todos os que queirades uns gráficos que xa veñen empregándose noutras wikipedias na que as difererentes especies de seres vivos pódense clasificar segundo o seu grao de ameaza de desaparición. As páxinas onde podedes atopalo son http://gl.wikipedia.org/wiki/Estado_de_conservaci%C3%B3n ou como plantilla (template) en Template:Pengo IUCN/gl. A idea agora é poñelas dentro das caixas taxonómicas da wikipedia (en http://gl.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:Modelo_de_Taxonom%C3%ADa) como podedes ver no seguinte exemplo sacado da wikipedia en italiano http://it.wikipedia.org/wiki/Recurvirostridae ) pero nisto estamos, supoño que pronto se poderán engadir sen problemas.

Un saúdo--Calrosfking 13:14, 15 June 2007 (UTC)

Problema nas páxinas de Ferrol

En Ferrol e en Category:Ferrol varios usuarios (entre eles Phil MacKracking (talk · contributions · Move log · block log · uploads · Abuse filter log) están incorporando imaxes que non se corresponden para nada coa cidade, provincia ou comunidade. Ás veces -frecuentemente- son imaxes doutros continentes.

Phil MacKracking (talk · contributions · Move log · block log · uploads · Abuse filter log ademais é agresivo. Rogo que me comuniquedes calquera actuación que vexades improcedente. Entre as imaxes que tende a incorporar (xa as borrei dúas veces da páxina) están

Image:El Corte Inglés Lisboa 2.jpg
Image:Eindhoven4.jpg
Image:The Cardigans.jpg
Image:Ferrolterra, Fragas do Eume - Pontedeume.JPG
Image:Mosteiro de Monfero (detalle).jpg
Image:Spanish aircraft carrier Principe de Asturias.jpg

Grazas --Lmbuga gl, pt, es: contacta comigo 20:24, 27 June 2007 (UTC)

Nesta lista incluín os usuarios relacionados coas edicións sobre Ferrol e a comarca por comprobar. Moitos deles semellan ser o mesmo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 11:01, 28 June 2007 (UTC)
Excelente traballo--Lmbuga gl, pt, es: contacta comigo 16:44, 30 June 2007 (UTC)


Bo día a todos. Semella que o problema coas páxinas e imaxes relacionadas con Ferrol está solucionado. Moitas grazas a Herby, Siebrand, Bryan, Lmbuga e a todos aqueles usuarios que contribuíron a solucionalo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 12:51, 4 July 2007 (UTC)

Novidades xullo 2007

Nova galería Aquarium Finisterrae con imaxes de Drow male, sección eleccións municipais na páxina de Vigo con fotografías de Dantadd, máis imaxes en Mondoñedo tamén de Dantadd. Novas fotos de Basilio en Betanzos. Ficheiros de Jpereira e Lmbuga do Entroido e do O Corpiño. Imaxes de Jpereira da Rapa das bestas. Fotos realizadas en Oroso, Ribeira e Porto do Son por Lmbuga. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 12:02, 14 July 2007 (UTC)

rotado imaxe

Hola! Teño un problemiña, e non atopei onde solucionalo. O caso é que subín unha fotografía en horizontal cando debería ser vertical. Cando me din conta, roteina no ordenador, e volvín a subir o arquivo. Pero mantivome as dimensións que tiña antes (3072 × 2304 no canto de 2304 x 3072), co cal sae toda "aplastada" (a imaxe é "Vías de escalada en Hío.jpg"). Non sei como podo subir o arquivo e que colla as dimensións boas :? Obrigado de antemán Miguel.lima 16:59, 15 August 2007 (UTC)

  • Desculpa a tardanza á hora de responder. Estiven parcialmente inactivo bastante tempo. Precisas un programa para rotar as imaxes (eu comprei ACDsee). Hai varios gratuítos, creo que Picasa debería valerche.
Polo que respecta á imaxe da que falas, deberías poñer a ligazón. Estiven mirando as imaxes que subiches e eu non vexo ningunha rotada, todas están ben. Supoño que xa o solucionarías. Tamén é posible que non vises correctamente a foto porque a imaxe incorrecta aínda estivese na memoria caché (se é que a subiches co mesmo nome).
Sinto non che ter respondido antes. Se volves ter algún problema, ponte en contacto comigo na miña páxina de discusión e responderei todo o pronto que poida. Un cordial saúdo --Lmbuga gl, pt, es: contacta comigo 14:38, 3 December 2007 (UTC)

Incorporar imaxes

Ola, son recén chegado. Acabo de subir unha imaxe en WikimediaCommons, agora quero colocala na páxina que estou creando. Querería que se mostrase nun recadro á dereita do texto. Como debo de facer?. Onde podo mirar as posibilidades? Grazas

Resposta

Non me quedou claro, pero entendo que desexas crear un artigo na Galipedia ou noutra Wikipedia. Para que a foto quede á dereita tes que escribir [[Image:Muller mariscadora.jpg|thumb|200px|Breve descrición da imaxe]].

  • O escribir "thumb" (podes quitalo) colocas un recadro sobre a foto e un pé de foto coa descrición que desexes.
  • Ó escribir "200px"pos o tamaño.

Se desexases crear unha galería de imaxes ó final do artigo, terías que poñer:


<gallery>

Image:Muller mariscadora.jpg|Breve descrición da imaxe

Image:Outra foto|Descrición da foto


</gallery>


Por outra banda, editei a túa imaxe e mediante o engadido da etiqueta [[Category:Cambre]] incluín a túa imaxe na categoría Category:Cambre. Deste xeito será máis doadamente localizable. Conta comigo para o que desexes. Un cordial saúdo. --Lmbuga gl, pt, es: contacta comigo 11:47, 20 March 2008 (UTC)

Election Notice - Please translate

The 2008 Board election committee announces the 2008 election process. Wikimedians will have the opportunity to elect one candidate from the Wikimedia community to serve as a representative on the Board of Trustees. The successful candidate will serve a one-year term, ending in July 2009.

Candidates may nominate themselves for election between May 8 and May 22, and the voting will occur between 1 June and 21 June. For more information on the voting and candidate requirements, see <http://meta.wikimedia.org/wiki/Board_elections/2008>.

The voting system to be used in this election has not yet been confirmed, however voting will be by secret ballot, and confidentiality will be strictly maintained.

Votes will again be cast and counted on a server owned by an independent, neutral third party, Software in the Public Interest (SPI). SPI will hold cryptographic keys and be responsible for tallying the votes and providing final vote counts to the Election Committee. SPI provided excellent help during the 2007 elections.

Further information can be found at <http://meta.wikimedia.org/wiki/Board_elections/2008/en>. Questions may be directed to the Election Committee at <http://meta.wikimedia.org/wiki/Talk:Board_elections/2008/en>. If you are interested in translating official election pages into your own language, please see <http://meta.wikimedia.org/wiki/Board_elections/2008/Translation>.

For the election committee,
Philippe Beaudette

Cambio de nome de usuario

Necesito que algún administrador me faga o cambio do nome de usuario desde "P.Lameiro" a simplemente "Lameiro". Saúdos Pedro --P.Lameiro (talk) 23:25, 3 September 2008 (UTC)

Propuesta de recategorización

Hola a todos la User:Patricia Rios ha anunciado una propuesta de recategorización aquí que incluye las provincias gallegas, por lo que pienso que estaréis interesados en dar vuestras opiniones. Un saludo. Anna (talk) 12:06, 16 November 2008 (UTC)

Xa levei no café español a miña postura. O de homoxeneizar as categorías e os nomes das categorías coas outras autonomías parece que é un traballo que debese facer. Senon resulta dificil en commons de atopar con Galicia e entender como van as cousas. Persoalmente agora non teño problema, pero tardei en comprender que nos non tiñamos a categoria da provincia distinta da capital. Saúdos Elvire (talk) 17:37, 16 November 2008 (UTC)

Respondín no Café, en resposta á súa contribución alí. Escribo aquí de novo o alí escrito (naturalmente non traduzo):

(He revertido de nuevo todos los cambios que ha realizado en Category:Galicia (Spain), y he tenido la suficiente consideración con usted como para no bloquearla)

Por respeto, no me atrevo a opinar sobre la realidad y sobre lo que es mejor en otras zonas de España. Concuerdo con usted en el hecho de que la categorización que hay actualmente en Category:Galicia (Spain) (como posiblemente en Category:Spain) no es la mejor posible y, ni mucho menos, la mejor esperable; todo se andará. Estoy, sin embargo, en desacuerdo con usted, con el hecho de que considere de que está usted en posición de la verdad.

Cada región, cada comunidad (la gallega es una comunidad autónoma y, según la ley, una nacionalidad histórica), cada nación o cada estado, pueden tener peculiaridades que precisen la debida atención en Commons. La uniformización es válida siempre y cuando no imposibilite o dificulte sobremanera el trabajo de los usuarios en Commons. El procedimiento que se debe seguir es, a buen seguro, el contrario al que usted sigue: Se considera usted clarividente y, sin atender a los demás, decide hacer innumerables ediciones destrozando el trabajo hecho por otros y sin ni siquiera comunicación previa. Cuando hace esa comunicación, la propuesta no es globalizadora ni pretende respectar la pluralidad de España (sí, -por si había alguna duda y para evitar que trascienda este tema y acabe desembocando en un diálogo político- yo soy gallego, pero también soy español).

El problema de la categorización de provincias y municipios es complejo; y mucho más aún (por lo que respecta a Galicia) el de la denominación de los municipios. No voy a entrar en el tema, pues no es su proceder ni son sus modos en la presente comunicación ni mucho menos cordiales, ni es su propuesta seria, no atiende a másposibilidades de lo que a usted se le pasa por la cabeza, no pretende su propuesta respetar la pluralidad. --Lmbuga gl, pt, es: contacta comigo 00:26, 17 November 2008 (UTC)

Necesidade de variar a categorización de provincias e concellos

Veño observando dificultades teóricas por estarmos a categorizar na mesma categoría (por exemplo, Category:A Coruña) a provincia, o concello e a cidade. O que outrora semellou a mellor alternativa posible, pois facilitaba que a categorización fose a correcta sempre e que logo a imaxe se dispuxese en páxinas-galería, semella agora non ser o preferible por:

  • En Commons, nos últimos tempos, pasaron a ter máis peso as categorías do que as páxinas-galería.
  • Por mor do anterior, a clasificación que temos pode levar a confusión a aqueles que se acheguen, sen coñecer a Comunidade galega, a realidade xeográfica aquí presente.

É necesaria unha reflexión que contribúa a recompoñer a categoría Category:Galicia (Spain) e que atenda -é o meu parecer- os seguintes criterios:

-A especificidade de Galicia: O valor das parroquias e dos concellos en detrimento do valor das cidades. As cidades noutras zonas, rexións ou países poden estar correctamente delimitadas. En Galicia non é así por mor de que o concepto de cidade nin ten límites en ningún artigo lexislativo, nin é evidente para os cidadáns
-Acadar a máxima regularización posible coa categoría Category:Spain. A este respecto teño que dicir que non hai uniformidade clara de criterios en Category:Spain, pero que calquera solución que adoptemos debe considerar, no posible (respectando a singularidade de Galicia) esa regularización.

Así a todo, creo que non abonda, por mor das peculiaridades de Galicia, con propoñer as categorías en que se van categorizar as páxinas. É preciso ademais aclarar a denominación que deben ter lugares, parroquias, cidades, concellos e provincias.

Velaquí a miña proposta:

  1. A categoría co nome limpo (Category:A Coruña, aspecto este crucial para podermos traballar comodamente en Commons e que respecta a singularidade galega) indicará o concello (categorizaríase en Category:Municipalities of Spain.
  2. A categoría das provincias terá unha denominación do tipo Category:Province of A Coruña, e categorizaranse en Category:Provinces of Spain
  3. A categoría das cidades terán unha denominación seguindo o esquema Category:A Coruña (city), e categorizaranse en Category:Cities in Galicia, a cal á súa vez categorizarase en Category:Cities in Spain.
  4. A categoría das vilas terá unha denominación Category:Sigüeiro (village), e categorizaranse en Category:Village in Galicia, a cal á súa vez categorizarase en Category:Village in Spain.
  5. As parroquias seguirán o esquema Category:Nome_da_parroquia, Nome_do_concello e categorizaranse en Category:Parishes of Galicia. Esta á súa vez debería estar categorizada en Category:Parishes of Spain, pero, posto que non existe esa páxina, haberá que propor a súa creación en Commons:Café
  6. Os lugares seguirán o esquema Category:Nome_do_lugar, Nome_da_parroquia, Nome_do_concello. Deberían ser categorizados todos eles nunha categoría, pero o meu escaso dominio de inglés impídeme indicar un nome adecuado.

Por favor, opinade--Lmbuga gl, pt, es: contacta comigo 01:14, 17 November 2008 (UTC)

Niso coincidimos case tódolos usuarios que traballamos na Galipedia. Non vemos a necesidade das categorías das vilas porque traballamos só cos conceptos de concello e parroquia. Inda así, o Nomenclátor, cando a unha parroquia non lle corresponde un topónimo concreto (só pasa nos núcleos urbanos das cidades e vilas), non considera dita parroquia, non aparece. É aí onde teñen cabida as categorías das cidades e das vilas, para recoller aquelas parroquias que o Nomenclátor non considera por seren núcleos urbanos. É complexo. --Lmbuga gl, pt, es: contacta comigo 18:09, 17 November 2008 (UTC)
De acordo coa proposta. Só así poderase seguir un criterio unívoco para a clasificación das imaxes dos concellos, parroquias e lugares galegos, evitando a incoherencia na que se pode caer de seguir coa categorización actual. Saúdos, Pedro --P.Lameiro (talk) 18:31, 17 November 2008 (UTC)
Como xa ó dixen a Lmbuga esquecinme un pouco que o compañerismo é unha garantía de calidade. Fun borrar no café español a "falsa" sencillez da primeira proposta. Agora vexo a complexidade do asunto : globalmente entendo e concordo coa proposta de Lmbuga. Estou un pouco perdida entre o 3 e o 4, para mín non hai eso de cidades e vilas, hai concellos. Pero confío que Lmbuga esta aclarando todo. Saúdos Elvire (talk) 00:37, 18 November 2008 (UTC)
Eu ando consultando a conversa do café español, e vou aclarando a miña opinion sobre as categorías sabendo co oxectivo é de estar homoxeneizados con España (e commons en xeral) e poder gardar unha especidade propia a cada autonomía. Tamén penso ca especidade galega podese discutir na taberna. Non hai que ir de presa e cavilar ben (sei ben o que digo !). Elvire (talk) 21:55, 19 November 2008 (UTC)
  • Coido que máis que nada, é coller unha opción racional. Non é a única, pero non está mal. Concordo.--83.32.127.7 21:33, 25 November 2008 (UTC). Engadido: por cuestións de clave, o user:Agremon, que fixo a primeira parte dete comentario, vése forzado alomenos polo momento a cambiar de usuario--Agremon2001 (talk) 19:47, 26 November 2008 (UTC)

Idea espontánea sobréirica

Denominación

Simplemente como idea de complemento e contribución construtiva, que en realidade pode axudar a homoxeneizarnos co mundo. Ó meu modo de ver creo que o problema procede de buscar non darlle nome a unha das categorías. Que pasaría se sempre se lle indica o xenérico a tódalas categorías? É dicir:

En caso de homonimia pode facerse unha páxina de desambiguación (se non lembro mal, aquí tamén hai). En caso de títulos iguais, pódese poñer país ou rexión ou provincia (* category:City of Vigo, Pontevedra, category:City of Vigo (Galicia) ou * category:City of Vigo (U.S.))

Este método permite remarcar a nosa singularidade pero tamén homoxeneizarnos con todo o que queira.

Clasificación

Outra cuestión é onde meter cada unha delas. Eu meteríaas todas dependendo respectivamente da entidade administrativa superior:

Outra cousa: de cantas páxinas estamos falando? A verdade é que cómpre considerar o esforzo de Patricia, e axudarnos a deixar todo o máis claro posible na Galicia. --Sobreira (parlez) 01:14, 20 November 2008 (UTC)

Proposta Category:Province of... y Category:Municipalities of...

A proposta de Lmbuga en Commons:Debate sobre la categorización de municipios en España#Category:Province of... y Category:Municipalities of... é sencilla, pratica e non comprete o futuro das entradas da toponimía galega, nin a estrutura xeral de commons. Anduven mirando o uso de Category:Province of... e Category:Municipalities of... comparado o uso doutras categorías :

Siguo o debate no café, si logo fanse as movidas botarei unha mán. E se a conversa vai máis adiante na taberna, tamén podese contar comigo no que podo. Saúdos Elvire (talk) 17:58, 23 November 2008 (UTC)

Licensing update progress notice

The licensing update proposal to dual license all Wikimedia Foundation wikis under both the GNU Free Documentation License (GFDL) and the Creative Commons Attribution-ShareAlike License (CC-BY-SA) is moving into its final phase. This proposal put forward by the Foundation and made possible by recent changes in the GFDL is contingent on community approval. In a few days a site notice for all editors will announce the start of vote on this proposal that is expected to last three weeks. In the mean time we would invite you to visit the update proposal and its associated FAQ if you want to learn more. We would also appreciate your help finishing the translation effort for the core documents associated with this process.

Huib talk 11:33, 29 March 2009 (UTC) for the Licensing Update Committee.

Se alguén comez a iniciar a tradución eu axudarei. Non sei inglés para atopar como se inican as traducións, logo para o texto propiamente entre os traductores automaticos e o que se ve nas outros linguas que coñozo ...Elvire (talk) 11:10, 30 March 2009 (UTC)


Proposal to change our voting policy

Hello,

A while ago I made a proposal to change our policy about the 4 votes requirement during a rfa, the last week(s) there has been a discussion on the talkpage and now I believe its time to go to the village pump.

Please raise any comments, objections or questions on the talkpage and I hope to implent it without any big objections in 2 weeks or so.

The proposal can be found here:

Best regards, Huib talk 16:35, 15 September 2009 (UTC)

Volunteers still needed

Hi all,
Although we soon will remove the centralnotice that is up, the Wikimedia Foundation is still looking for volunteers to serve as subject area experts or to sit on task forces that will study particular areas and make recommendations to the Foundation about its strategic plan. You may apply to serve on a task force or register your name as an expert in a specific area at http://volunteer.wikimedia.org.

The Foundation's strategy project is a year-long collaborative process which is hosted on the strategy wiki, at http://strategy.wikimedia.org. Your input is welcome (and greatly desired) there. When the task forces begin to meet, they will do their work transparently and on that wiki, and any member of the community may join fully in their work. This process is specifically designed to involve as many community members as possible.

Any questions can be addressed to me either on my talk page here or on the strategy wiki or by email to philippe at wikimedia.org.

I hope you'll consider joining us!

Philippe (talk) 03:20, 2 October 2009 (UTC)